Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Premios da Cultura Galega.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012 outorga sete galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural a: Salvador García Bodaño, Manuel Quintana Martelo, Airiños, Fundación Eduardo Pondal, Asociación Internacional Estudos Galegos en Promoción Cultural de Galiza, Manuel Rodeiro e Miguel Anxo Fernández.
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2012, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en función, Xesús Vázquez, determino una Cidade da Cultura os sete premiados que recibirán os seus galardóns en recoñecemento do seu labor nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas en prol do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural de Galiza, Música e Creación Audiovisual.
Formaron parte deste xurado ademáis do Conselleiro Xesús Vázquez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o presidente da RAG, Xosé Luis Mández Ferrín; o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Casares Long; Francisco Díaz Fierros en representación do Consello da Cultura Galega; Xosé H. Coas e Goretti Sanmartín en representación das universidades de Vigo e Coruña respectivamente; e Ramón Yzquierdo en representación Real Academia de Belas Artes Nosa Sra do Rosario.
Completaron o xurado catro persoeiros de prestixio no ámbito cultural como o escritor Luís G.Tosar, o artísta plástico Antón Pulido, a cineasta e produtora Fernanda del nido e o escritor e editor Henrique Alvarellos.
A Xunta de Galiza convoca estes premios anuais co fin de recoñecer o labor de persoas e institucións que traballan nos distintos ámbitos da creación, da conservación e da posta en valor do patrimonio cultural; así como da actualización e difusión do noso capital creativo galego. Os galardoados recibirán como premio una escultura realizada polo artista ourensán Xosé Cid.
Traxectorias premiadas.
Na categoría de premio de Cultura Galega das Letras o galardón recaeu en Salvador García Bodaño, a que se lle recoñeceu una calidade literaria que o sitúa como un dos máis destacados poetas vivos da Xeración dos 50.
No apartado das Artes Plásticas, Manuel Quintana Martelo foi distinguido pola calidade da súa obra e o compromiso coa pintura e a súa implicación en ampliar a presenza das artes plásticas galegas, expondo a súa obra en museos e galerías de diversos países.

O grupo de teatro Airiños, foi premiado na categoría das Artes Escénicas, polo traballo desenvuelto desde a súa creación no ano 1933 que o converte no máis lonxevo de Galiza. Así, ao longo de catro xeracións, esta iniciativa vecinal vén sendo protagonista da construcción dunha creatividade escénica de raíz popular desde o ámbito local.
Na modalidade de Premio Cultura Galega ás iniciativas en prol do Patrimonio Cultural o galardón recae una Fundación Eduardo Pondal, pola súa ampla e constante programación arredor das letras galegas.
O premio á Promoción Cultural de Galiza foi para a Asociación Internacional de Estudos galegos, entidade creada na década de 1980 en Estados Unidos co obxectivo de difundir por todo o mundo a cultura e lingua galega.
Na categoría de Música mereceu o recoñecemento do xurado Manuel Rodeiro polo seu labor de referencia na creación sonora contemporánea. Rodeiro é un destacado escritor, crítico, xestor e pedagogo que dirixiu o departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea e foi fundador da editorial Música Nueva e do conxunto instrumental Cámara XXI.
Na categoría de Creación Audiovisual, o galardón recaeu este ano en Miguel Anxo Fernández. Crítico audiovisual, escritor e autor de numerosas publicacións de temática cinematográfica destinadas á promoción do cine galego.

Serxio María Rodríguez Álvarez,
1º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Recursos en galego - Publicado o 23-11-2012 16:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal