Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

QUE COMECE A FUNCIÓN!

A Compañía teatral de Cangas TEATRO DA ESMORGA representou este xoves, 22 de novembro, a obra QUE COMECE A FUNCIÓN! no Auditorio Municipal de Ourense.

A ela asisitiron os nosos alumnos de 4º de ESO. Organizada a actividade entre o Departamento de Lingua e Literatura galega e a Editorial Galaxia.

Así, o noso alumnado puido asistir a unha obra puzzle formada por seis lances teatrais das distintas épocas do teatro galego, desde Francisco De La Iglesia até Roberto Vidal Bolaño, pasando por clásicos como Castelao e Manuel María.

Ademais, en contraprestación aos cinco euros da entrada, os alumnos adquiriron un libro cada un: E outras historias de Alberto Avendaño. Libro de relatos que terán como lectura o vindeiro trimestre.

Só resta dicir que o comportamento e actitude do alumnado noso foi excelente e que a obra, malia a pretensión do representar 150 anos de historia teatral en cincuenta minutos, acadou as expectativas pegagóxicas necesarias.
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 22-11-2012 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Unha gran nova.

Cando nos toca os de primeiro de#blgtk08# bacharelato?...

Sería unha boa saida cultural.
Comentario por Serxio María. (23-11-2012 15:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal