Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

En dez anos, Galicia perdera o 5% da súa poboación.

A tendencia demográfica española fará que dentro de corenta anos desapareza a décima parte da poboación, unha situación que comezará a percibirse en 2018, xa que haberá máis defuncións que nacementos.

Estes datos obtéñense das últimas Proxeccións de Poboación difundidas hoxe polo Instituto Nacional de Estatística, que revelan unha perda progresiva de habitantes nas próximas décadas. Deste xeito, en 2022 España contará con 45 millóns de habitantes, un 2,5 % menos que este ano e cifra que en 2052 verase reducida ata os 41,5 millóns de habitantes, un 10,2 % menos que na actualidade.

¿A que se debe este feito?

Dada a progresiva diminución do crecemento natural da poboación (diferenza entre nacementos e defuncións)determinase que case todas as comunidades autónomas, entre elas Galicia, perderán poboación durante a próxima década. O país galego pasará dunha poboación de 2.728.903 persoas no ano 2012 a 2.599.579 no ano 2022, un 4,7% menos e o dobre da perda en España (2,5 %).

Unha diminución de 129.324 habitantes en dez anos. Durante a próxima década o número de defuncións seguirá superando ao de nacementos en Galicia e esa saldo anual negativo será cada vez maior. No ano 2012 será de -9.213 e en 2021 de -14.931.

Nos próximos anos España continuará rexistrando un paulatino descenso da natalidade. Así, en 2021 nacerían 375.159 nenos, case un 20% menos que no último ano. Ata 2031, rexistraranse 7,7 millóns de nacementos, un 9% menos que nos últimos 20 anos. O descenso de nacementos viría determinado pola propia estrutura da pirámide poboacional, debido a unha progresiva redución das mulleres en idade fértil. O número de nados non volvería crecer ata 2030 aínda que volvería decrecer a partir de 2040.

A esperanza de vida seguiría aumentando en España. En 2011 estaba situada en 79,08 anos nos homes e nos 84,92 nas mulleres. En 2051 sería de 86,88 nos homes e en 90,75 nas mulleres.

Julián Rey Pérez - 2ºBACH A




Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 19-11-2012 18:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Un chisco tarde pero #blgtk08#chegou. Men at work.
Comentario por Master and Co. (19-11-2012 22:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal