Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Pacientes galegos participan nun estudo pioneiro sobre a enfermidade de Von Willebrand

Un grupo de pacientes galegos afectados pola enfermidade de Von Willebrand, o trastorno hemorráxico máis común no mundo xa que afecta a un 2 por cento da poboación, participa nun estudo "pioneiro a nivel mundial" sobre esta patoloxía.

Segundo explicou hoxe o xefe do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), Javier Batlle, un dos responsables do proxecto, o síntoma máis frecuente da enfermidade de Von Willebrand é o sangrado por mucosas, por exemplo ao cepillarse os dentes, polo nariz ou por pequenas feridas.
Este experto advirte de que hai moitos pacientes que non saben que teñen Von Willebrand porque, "afortunadamente, non sufriron o que se coñece como un desafío hemostático" como consecuencia dunha intervención cirúrxica ou un sangrado por mor dun traumatismo como un accidente de coche.

O xefe do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do CHUAC explicou que Galicia e Valencia son comunidades de referencia neste estudo que consta de dous partes e que deu os seus primeiros pasos hai dous anos. A primeira fase consiste no "tipaxe sobre a proteína e as súas valoracións funcionais", e a segunda consta dun "exhaustivo estudo xenético do factor que provoca a enfermidade". Neste momento xa hai case 600 pacientes de toda España que se van a beneficiar deste traballo centralizado que, segundo sinala Batlle, "está a ser moi custoso tanto para os centros que recrutan como para os laboratorios que están a participar". O obxectivo é caracterizar a enfermidade cunha batería de probas "que son caras, complexas e que requiren experiencia", sinala este experto. Ademais, vaise facer un estudo xenético completo do factor Von Willebrand, un perfil que nunca antes se fixo, e que levará ao cabo no Banco de Tecidos e Sangue de Barcelona.


Sara Álvarez González
2ºA Bacharelato

Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2012 18:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Bo artigo#blgtk08#. Avante.
Comentario por Master and Co. (18-11-2012 13:43)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal