Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Hermann Tertsch e as viaxes no tempo.

Cando a fazaña de Marty McFly, protagonista do mítico filme “Regreso ao futuro”, parecía xa esquecida polo común dos mortais, a polémica sobre as viaxes no tempo retorna ao debate diario (e aos omnipresentes Trending Topic) ante a realizada o pasado martes polo colaborador de TeleMadrid, Hermann Tertsch. Sen necesidade de ningún DeLorean nin outro aparello polo estilo, o empregado da cadena autonómica grabou a súa crónica sobre o “rotundo fracaso” da folga xeneral de 14 de novembro ¡con 24 horas de antelación!
A citada personaxe alegou, en defensa da antelación da súa comentada crónica, que esta fora gravada “cando o sindicalismo totalitario llo permitira”. Pode resultar mínimamente crible o das dificultades técnicas á hora de elaborar unha retransmisión en directo nunha xornada de folga, pero dados os seus disparatados vaticinios, que en pouco ou nada concordan co que realmente aconteceu, perde toda credibilidade , alén da evidente perda de rigor profesional.
Retorna así pois a evidencia da falta de obxectividade actual nos nosos medios. É por todos coñecido o feito de que toda publicación ou retransmisión está sometida ao mandato dunha determinada “liña editorial”, marcada pola ideoloxía dos que a dirixen e patrocinan, pero entre o rexerse aos parámetros desta e a demagoxia e invención en función do que a un lle convén existe un límite, e estou segura de que moitos dos partidarios da ideoloxía que defende este home serán capaces de coincidir comigo e admitilo.
É curioso lembrar, no tocante a esta anécdota, a reacción habitual do ambiente próximo de calquera cando un manifesta a súa intención de estudar xornalismo. Podes atopar dende o típico inxenuo que che di “lémbrate de min cando saias na tele” ata ao cruel e realista que pronuncia as (malditas) “palabras máxicas”: “¿e logo ti cres que iso che dará algún día de comer?”. Hermann Terstch si que sae na tele, aínda que os recientes feitos deixaron máis que claro que a súa actividade dista millas e quilómetros do que o sentido común denominaría xornalismo, e cobra 562 euros por cada minuto de intervención nun medio PÚBLICO, isto é, pagado co diñeiro dos contribuíntes, afíns ou non ao seu ideario, partidarios ou non da súa demagoxia. E vendo como TeleMadrid lle permitiu o escándalo da montaxe coas imaxes das revoltas en Grecia (“é certo que non eran as imaxes, pero o fondo é o mesmo”), non creo que o seu desafío temporal ás leis da física lle traia maiores consecuencias. Isto, nun país no que a semana pasada un diario de tirada nacional, curiosamente cunha liña editorial bastante oposta, despediu a 128 dos seus traballadores ante a falta de liquidez. Nun país onde os estudantes saen excelentemente “pre-parados” das facultades e rematan cobrando (no mellor dos casos!) cantidades coma a de UN EURO por un post de 1000 palabras nun blog. Nun país ao que, visto o visto, lle queda pouco remedio.

Aida González Vázquez, 2º Bacharelato B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2012 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 As tecnoloxías TIC ao servizo do desvelamento da falta de#blgtk08# decoro e hororabilidade dun secuaz collido in frangati.
Comentario por Master and Co. (18-11-2012 13:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal