Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

RE-COPAGO SANITARIO
Cataluña manterá a taxa dun euro por receita, que implantou o pasado xuño, e Madrid segue coa intención de aplicala desde xaneiro, a pesar de que o Consello de Estado considere que esta medida "vulnera a orde constitucional", segundo un ditame coñecido hoxe publicamente.
O máximo órgano consultivo do Goberno argumenta que as autonomías "non poden incidir, nin directa nin indirectamente, na fixación dos prezos dos medicamentos que son obxecto de financiamento público".

O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que solicitou o informe, insistiu en que recorrerá no Tribunal Constitucional (TC) a decisión desas comunidades se non chega a un acordo con elas, pois cre que non son competentes.

Pero o presidente de Madrid, Ignacio González, afirmou hoxe que esa taxa si entra dentro das competencias da comunidade, pois "non afecta o custo dos medicamentos, senón que ten unha función disuasoria, aínda que está disposto a sentar "a falar co Goberno para liquidar discrepancias".

O departamento de Saúde da Generalitat continúa amparándose na interpretación do Consello de Garantías Estatutarias de Cataluña, que ditaminou a constitucionalidade da nova taxa, e agrega que a opinión do Consello de Estado "non é vinculante".

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, asegurou que o Executivo tratará de facer "entender" ao Goberno catalán a "inconstitucionalidade" dese pago e a necesidade da súa modificación, antes de acudir ao TC.

Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, Sáenz de Santamaría recordou que existe unha mesa de diálogo aberta coa Generalitat para tratar a cuestión e e intentar evitar acudir ao Constitucional.

O prazo para chegar a un acordo nesas conversacións termina a finais de decembro, segundo Sanidade. No caso de Madrid, "cando sexa, se é, unha norma xurídica, procederase da mesma xeito", aclarou a vicepresidenta. Pola súa banda, a ministra de Sanidade, Ana Mato, explicou que coñecía o informe do Consello de Estado desde ''había bastante tempo, seis meses" e González asegurou que el tamén o sabía.


O PSOE CONSIDERA QUE O GOBERNO CHEGA TARDE
A secretaria de Política Social do PSOE, Trinidad Jiménez, cualificou de ''inadmisible'' que o Goberno e a ministra Mato coñezan desde xuño o informe e preguntouse a que esperan para recorrer o euro por receita, que supón "unha desigualdade manifesta" entre os españois. O candidato do PSC á Generalitat de Cataluña, Pere Navarro, recordou que o seu partido xa se opuxo á taxa por ''inxusta".

O Consello de Estado entende que non cabe admitir que, no exercicio da súa potestade tributaria, as comunidades impoñan gravames "cuxa exacción comporte, en última instancia, un incremento do custo que os cidadáns haxan de abonar para obter un determinado medicamento ou produto sanitario".

Non se reprocha unha eventual falta de competencia da Generalitat para establecer tributos, senón que "a instauración desa taxa vulnere a orde de competencias e, en concreto, o artigo 149.1.16 da Carta Magna".

No caso de Cataluña, abunda o Consello de Estado, a taxa tamén "entra en conflito" co artigo 149.1.1 da Constitución, pois "corresponde ao Estado a competencia exclusiva para a regulación das condicións básicas que garantan a igualdade dos españois no exercicio dos dereitos e no cumprimento dos deberes".

INCONSTITUCIONAL
A decisión do Consello de Estado, que foi valorada pola Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, contou, no entanto, con tres votos particulares -Fernando Ledesma, María Teresa Fernández de la Vega e Enrique Alonso-, que entenden que "non existen motivos suficientes" para considerar a inconstitucionalidade do euro por receita.

A Generalitat de Cataluña implantou a taxa farmacéutica coa intención de contribuír a financiar o sistema sanitario e moderar o consumo de medicamentos, cun pago máximo de 61 euros anuais e para produtos de máis de 1,67 euros.

Só están exentos uns 127.000 cidadáns en risco de exclusión social, que son os beneficiarios do Programa de Renda Mínima de Inserción, os dunha pensión non contributiva, da Lei da Integración Social dos Minusválidos e do Fondo de Asistencia Social.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2012 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Bo artigo. O copagamento pon en cuestión todo o sistema de saúde. Cómpre coñecelo pa#blgtk08#ra logo criticalo ou preverse de tempos de involución dos dereitos sociais mínimos.
Comentario por Master and Co (18-11-2012 13:53)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal