Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Éxito para os sindicatos, fracaso para ó goberno.
O pasado día 14 de Novembro os recortes, a recesión económica,o peche de centos de empresas,o empeoramento dos servizos públicos, e as promesas sen cumprir sairon a luz nunha multitidinaria folga xeral, que contou con máis de 500.000 participantes en toda Galiza, destacando o caso da cidade olívica, na que asisitiron 180.000 persoas.

As grandes protestas, foron alén dos partidismos e convertéronse, en expresións de carrraxe cara a mala situación que vive Galiza, e o Estado no seu conxunto.
Os desafiuzamentos tamén foron tema quente desta protesta, tan presentes nestes momentos.

En Galiza non tivemos que lamentar grandes altercados salvando algunhas puntualidades. Os puntos quentes en conflictos foron Cataluña e Andalucía, onde verdadeiramente se viviron momentos de moita tensión, chegando en Cataluña a ser agredido un mozo menor de idade, que paseaba pola rúa.

Os datos que sonsacamos desta folga son moi variados, mentres para o goberno español a tasa de participación foi moi baixa, os sindicatos afirman que sobrepasou o noventa por cento da cota de afiliación.

Sabemos que a folga é a primordial ferramenta de transformación social
en mans da maioría traballadora, agora ben… témonos que preguntar ¿Será esta folga un instrumento de transformación para o pobo?, o tempo daranos a resposta.

Serxio María Rodríguez Álvarez,
1º Bacharelato. Coordinador.
A Nosa Terra.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2012 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 As folgas sempre deben ser o último recurso, lévanse feito dúas. A primeira, en marzo, sobre a reforma da lei de emprego non conduciu a nada bo. Esta, logo de procesos electorais com#blgtk08#o os vividos en Galicia, onde a maioría da sociedade referendou o partido vixente, contradí, de facto, a autoridade, que non lexitimidade, da segunda. O tempo dará e tallará razóns.
Comentario por Master and Co. (18-11-2012 14:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal