Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Aerolíneas "Returns".
Nos xa non recentes anos 80, a cidade de Vigo atravesaba unha das revoltas culturais máis importantes da súa historia recente. Ligada ao movemento cultural madrileño, a "movida" viguesa trouxo ao panorama musical galego unha gran cantidade de grupos, se ben, houbo grupos ourensáns (Los Suaves), ferrolanos (Los Limones) e de máis lugares, foi a gran urbe das rías baixas a máis prolífica neste ámbito.
O protagonismo sempre foi maior para Siniestro Total, Os Resentidos ou Golpes Bajos, pero non debemos olvidar aos demáis, entre os que se atopan Aerolíneas Federales.
No ano 1981, este grupo formado por Miguel Costas (Siniestro Total), Silvino Díaz, Luís Santamaría, Juan Dotras, Coral Alonso, Rosa Costas e Silvia García ambientou coa súa música, mestura de rock, punk e pop, moitos do míticos pubs vigueses daqueles tempos; agora, vinte anos despois da súa separación en 1992, volven coa súa formación orixinal e, tras dar tres concertos en Santiago, Madrid e Barcelona, estarán en Vigo no local La Palmera o día 21 de decembro para celebrar a súa volta e promocionar un novo. disco chamado "Hasta El Final Y Más Allá". Este traballo contén maquetas de moitas das famosas cancións da banda.
As entradas para o concerto en La Palmera están xa á venta e podremos disfrutar dalgúns clásicos dos oitenta como "Vacaciones", "Soy Una Punk" ou "Ahora Estoy Feliz" e con sorte, este grupo, formado das cinzas de algúns proxectos vigueses e os inicios doutros volverá ó seu, facer música.

Xabier González Sobrado, 1ºBacharelato.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 17-11-2012 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 A movida atlántica dos oitenta rexorde con re#blgtk08#novados ecos, 'till de infinitive and beyong.
Comentario por Master and Co. (18-11-2012 14:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal