Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Crónica de un Deportivo, roto.
O cadro de José Luis Oltra , visitaba o sempre complicado campo da Romareda unha parada na sua viaxe nesta Liga BBVA. Comezaba o partido, os dous conxuntos estaban ansiosos de victoria, o primeiro que golpeou foi o cadro coruñés cun gol de Bruno Gama no minuto 12 de encontro e no minuto 21 Riki aproveitabase dun error da zaga do Zaragoza para bater ó gardarredes Roberto e abrir un oco no marcador, semellaba que a pantasma do preconcurso de acredores no que esta inmerso o conxunto coruñés, estaba lonxe e esquecido por os resultados deportivos.
Pero non ía ser todo festa , saíu o terceiro convidado neste caso o árbitro Teixeira Vitienes , que pitou un derrubo na area do Deportivo e decretou a pena máxima que a transformaba Apoño ,para aproximarse no marcador no minuto 28. Así
remataba a primeira metade, con dúas caras do equipo visitante e o local víndose arriba.
Nada máis comezar o segundo tempo, Pizzi sería expulsado rigurosamente , por finxir unha caída na area rival e por protestar o penalti do primeiro tempo, o extremo portugués cedido polo Atlético de Madrid retiraríase os vestiarios sen facer ningunha protesta. Proseguía o choque cando empataba Paco Montañés cun testarazo no minuto 60 e seis minutos despois Álvaro poñía por diante os locais,nunha falta ben sacada polo mellor do encontro, o xogador Victor, e rematada por Álvaro puña por diante os locais .O partido volveuse moi negro para os deportivistas que comezaron con moita forza e forona perdendo. Para culminar todo este cúmulo de malas noticias , dous goles do dianteiro portugés do Zaragoza , Helder Postiga nos minutos 77 e 82 , poñían moi por diante o cadro de Manolo Jiménez. Bodipo acurtaría distancias no marcador facendo o seu primeiro gol na liga e cerrando o definitivo 5-3. Un encontro moi malo dos de Oltra que terán que seguir mellorando nesta mala época para o clube tanto no senso futbolístico como nos despachos.

Samuel Vázquez González, 1ºBacharelato.

Comentarios (1) - Categoría Xogos - Publicado o 17-11-2012 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Son novas tanxenciais dada o seu breve período de caducidade. Pasou o#blgtk08# día, pasou a romaría e o produto ten que retirarse do supermercado.
Comentario por Master and Co. (18-11-2012 14:06)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal