Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O edil de Ourense cre que Orozco non debe dimitir pola súa imputación e insiste na reflexión
Considera que o rexedor de Lugo debe defenderse con todos os seus medios e apela á súa presunción de inocencia.
O edil de Ourense, o socialista Agustín Fernández, considera que o seu homólogo en Lugo, José Clemente López Orozco, 'non debe dimitir' pola súa imputación na 'Operación Pokémon', pola que fora citado a declarar o próximo xoves no xulgado, e insiste na 'reflexión' dos partidos políticos tanto o 'PSOE coma os demais'. O rexedor ourensán realizou estas declaracións momentos antes da inauguración dun congreso sobre Hospitalidades de Nuestra Señora de Lourdes. A preguntas dos xornalistas sobre a imputación do alcalde de Lugo, Agustín Fernández sinalou que pensa 'o mesmo' que cando a xuíza imputó neste proceso ao exrexedor de Ourense Francisco Rodríguez.
Neste sentido, Fernández considera que 'haI que respetar a presunción de inocencia'. 'Non deberiamos falar de cesamentos nin dimisións', insitiu. De feito, puxo como exemplo o proceso dos paneis informativos da capital de As Burgas, no marco do que foron absolvidos todos os exediles imputados. 'Ensínanos que deixamos cadáveres políticos e personais', dixo, para engadir que 'ao final son irreparables'.
O rexedor socialista explicou que estar imputado nun proceso é 'unha garantía' nesta fase inicial dun procedemento para que podas ir acompañado dun avogado para 'poder acollerte ao teu dereito de non declarar e eso non debe levar aparellado ningunha dimisión'.

Por todo elo, Agustín Fernández pediu 'ao PSOE' que 'reflexione sobre estas cuestións', ao igual que 'aos demais partidos'. Sobre López Orozco, en concreto, manifestou que se 'ten que defender con todos os medios ao seu alcance' para 'esperar' a 'un momento do procedemento máis posterior' onde 'sí se poda plantear a súa dimisión'.

O alcalde de Ourense sinalou que fai estas manifestacións 'respetando' dunha 'forma absoluta' a 'independencia xudicial' porque 'o seu traballo ten que facer', aínda que insistiu en que 'a presunción de inocencia debe estar por encima de todo neste momento'.

Marta Dacal
2ºBach-B
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 17-11-2012 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 As provincias de Lugo e Ourense est#blgtk08#án unidas en máis do que se pensa.
Comentario por Master and Co (18-11-2012 15:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal