Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O escritor español Fernando Savater gaña o Premio Octavio Paz
O escritor, ensaísta e filósofo español Fernando Savater (1947) é o gañador da décima edición do Premio Internacional de Poesía e Ensaio Octavio Paz, que concede a Fundación Amigos de Octavio Paz.

"Fixo da filosofía unha meditación cotiá, incisiva, amable, posta ao servizo dos lectores a través do artigo xornalístico e do ensaio breve, xéneros nos cales é un mestre," indica o comunicado da fundación presidida pola señora Marie-Jo Paz, viúva do ensaísta mexicano.

Así mesmo, esta distinción é un recoñecemento á traxectoria intelectual e cívica de Savater, tanto pola súa extraordinaria variedade coma pola forma en que se dedicou a defender vigorosamente o papel da decisión ética na vida privada e na praza pública.

O xurado estivo integrado por Enrique Krauze, Hugo Hiriart, Christopher Domínguez Michael, Ida Vitale e Aurelio Asiain. O galardón, dotado con 100 mil dólares, será entregado na cidade de México o 31 de marzo de 2013, aniversario do nacemento de Octavio Paz.

Savater é autor de libros como El Jardín de las Dudas (1993), El Valor de Educar (1997), Ética Para Amador (1991), La Hermandad de la Buena Suerte (2008), Los Diez Mandamientos del Siglo XXI (2004), Política Para Amador (1992), e Sobre Vivir (1983); pero o máis recoñecíbel do autor é sen dúbida as súas citas coma "O segredo da felicidade é ter gustos sinxelos e unha mente complexa, o problema é que a miúdo a mente é sinxela e os gustos son complexos" ou "as linguas teñen dous grandes inimigos, os que as impoñen e os que as prohiben."


Alba Salgado Parente, 2º A Bach
Web sobre o filósofo
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 16-11-2012 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Bo apuntamento biépico sobre #blgtk08#este controvertido pensador.
Comentario por Master and Co. (18-11-2012 15:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal