Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Voluntarios que limparonpraias no desastre do 'Prestige' temen que a catástrofe se repita
Voluntarios que colaboraron na limpeza das praias tras a catástrofe marítima do 'Prestige' temen que un sinistro similar poida volver repetirse e din ter unha sensación "agridoce", ante as súas dúbidas sobre a existencia das medidas necesarias para evitar que algo semellante poida suceder.
Así o manifestaron, en declaracións a Europa Press, algunhas das persoas que participaron na limpeza da costa. Un de eles, Tito Soto, recorda esa etapa como un momento "moi bonito" e subliña que "se fixo moito traballo".

Non obstante, admite que non conseguiron todo o que querían. "Estamos moi lonxe do que sería necesario", engade en relación á dotación de medios e plans de continxencia.

Por iso, afirma sentir unha sensación "contraditoria" tras participar na limpeza das praias na Costa da Morte e tamén dirixidounha cuadrilla de Tragsa, a empresa de limpeza contratada pola Xunta.

Tito Soto destaca a ampla participación de voluntarios, pero tamén lamenta a actitude dunha parte da sociedade "que non era consciente da gravidade", recalca. Así, insiste en que un sinistro similar "podería volver pasar e agora non habería esas axudas", engade en relación ás compensacións económicas que houbo entón para o sector.

"ACTO DE REBELDÍA"

Nos mesmos termos, maniféstase José Luis Castro Baleato, que coordinou a través da Federación Ecoloxista Galega (FEG) o labor da xente encargada, entre outras actuacións, da recollida das aves afectadas.

"Todo o que fixo o voluntariado foi moito, pero o máis importante é o símbolo de que non había nada e houbo que botarse ás praias", sinala. Por iso, cualifica a participación do voluntariado como un "acto de rebeldía".

"Aínda que tecnicamente había uns plans de continxencia, ou estaban só no papel ou ninguén se atreveu a executalos", engade. Ademais, mostra as súas dúbidas sobre a "capacidade" de resposta en caso doutro sinistro similar. "Desconfío moito", sentenza.

Jorge Vázquez Docarme 2º A
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 11-11-2012 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal