Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nova aportación galega nun estudo sobre a enfermidade de Von Willebrand
Un grupo de pacientes galegos afectados pola enfermidade de Von Willebrand, o trastorno hemorráxico máis común no mundo xa que afecta a un 2 por cento da poboación, participa nun estudo «pioneiro a nivel mundial» sobre esta patoloxía.

Segundo explicou este sábado o xefe do Servizo de Hematología e Hemoterapia do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), Javier Batlle, un dos responsables do proxecto, o síntoma máis frecuente da enfermidade de Von Willebrand é o sangrado por mucosas, por exemplo ao cepillarse os dentes, polo nariz ou por pequenas feridas.

«Evidentemente, se tiveron unha intervención cirúrxica, estes pacientes sangran máis e o cirurxián detecta enseguida que algo vai mal», sinala.

Este experto advirte de que hai moitos pacientes que non saben que teñen Von Willebrand porque, «afortunadamente, non sufriron o que se coñece como un desafío hemostático» como consecuencia dunha intervención cirúrxica ou un sangrado por mor dun traumatismo como un accidente de coche.

O xefe do Servizo de HematoloXía e Hemoterapia do CHUAC explicou que Galicia e Valencia son comunidades de referencia neste estudo que consta de dous partes e que deu os seus primeiros pasos hai dous anos.

A primeira fase consiste no «tipaje sobre a proteína e as súas valoracións funcionais», e a segunda consta dun «exhaustivo estudo xenético do factor que provoca a enfermidade».

Neste momento xa hai case 600 pacientes de toda España que se van beneficiar deste traballo centralizado que, segundo sinala Batlle, «está a ser moi custoso tanto para os centros que recrutan como para os laboratorios que están a participar».

O obxectivo é caracterizar a enfermidade cunha batería de probas que son caras, complexas e que requiren experiencia», sinala este experto.

Ademais, vaise facer un estudo xenético completo do factor Von Willebrand, un perfil que nunca antes se fixo, e que levará a cabo no Banco de Tecidos e Sangue de Barcelona.

Neste estudo aplicarase unha nova metodoloxía que permitirá abaratar custos e ao mesmo tempo estender o traballo a todo o xene do factor Von Willebrand.

O doutor Batlle explicou este sábado os pormenores da enfermidade no transcurso do Curso de Formación en Hemofilia organizado pola Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo), da que foi director técnico.
Neste sentido, sinalou que a incidencia da enfermidade en Galicia é moi similar á do resto de comunidades autónomas, xa que «a pesar de que podería pensarse o contrario, porque Galicia viviu unha época moi pechada a nivel xeográfico e isto podía traducirse nunha gran consanguinidad, finalmente non foi así».

Para o responsable de Hematología do Complexo Hospitalario da Coruña, a hemofilia e o Von Willebrand teñen unha estreita relación aínda que, ao mesmo tempo, son patoloxías completamente distintas.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2012 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal