Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cónxuxe A e cónxuxe B

O voceiro do Vaticano, Federico Lombardi, cualificou de "preocupante" a decisión do Tribunal Constitucional español de rexeitar o recurso contra a lei do matrimonio homosexual e lamentou que nos países occidentais existe unha tendencia a modificar "a visión clásica do matrimonio".

"Nos últimos días rexistráronse tres acontecementos preocupantes no que se refire á lexislación sobre o matrimonio", observou Lombardi nun editorial publicado na última edición de Octava Dies, o semanal informativo do Centro Televisivo Vaticano.

Así mesmo, fixo fincapé na necesidade de conservar "unha visión da persoa e das relacións humanas nas que o recoñecemento público do matrimonio público monógamo entre home e muller sexan unha conquista da civilización. Se non, ¿por que non se contempla tamén a poligamia libremente escollida?"

Entre eses acontecementos preocupantes, o voceiro vaticano indica o fallo emitido polo Constitucional español do pasado 6 de outubro co que avalou a legalidade do matrimonio homosexual e rexeitou o recurso que o Partido Popular presentou hai sete anos contra esta norma que regula as unións entre persoas do mesmo sexo.

"En España o Tribunal Constitucional rexeitou un recurso contra a lei actual, que exclúe toda referencia á diferenza entre o home e a muller e fala simplemente de cónxuxe A e B", aseverou Lombardi.

Así mesmo, o voceiro vaticano referiuse á decisión do Goberno francés de presentar un proxecto de lei "para a transformación do matrimonio, de modo que inclúa o matrimonio homosexual".

"En Estados Unidos, algúns dos referendos celebrados á vez que as eleccións presidenciais en diferentes estados arroxaron, por primeira vez, un resultado favorable ao matrimonio homosexual", agregou.

Por todo iso, concluíu Lombardi, "está claro que nos países occidentais existe unha tendencia estendida de modificar a visión clásica do matrimonio entre home e muller, ou, é máis, que busca abandonala, cancelando un recoñecemento legal específico e privilexiado con respecto a outras formas de unión".

Considerou que "existen e débense utilizar outros modos" para evitar "as discriminacións inxustas para os homosexuais", aínda que recalcou a necesidade de admitir "que o esposo e a esposa sexan recoñecidos publicamente como talles e que os nenos que veñen ao mundo poidan saber e dicir que teñen un pai e unha nai".

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2012 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal