Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cineuropa: Isto si que é sétima arte
«É a primeira vez na historia de Cineuropa que estreamos en España filmes de grandes autores consagrados, á altura dos grandes festivais internacionais», afirma o seu director, José Luis Losa. Entre eles, Bella addormentata do italiano Marco Belloccio, Raiku samuwan in rabu (Like Someone in Love) do iraniano Abbas Kiarostami (filmada no Xapón) e Kibô no kuni (The Land of Hope) do xaponés Sion Sono. Serán algúns dos 140 filmes que poderán verse do 8 ao 30 de novembro.

Pero se a 26.ª edición da cita compostelá é a gran festa que reúne o mellor cine do ano, con boa parte do palmarés oficial de Cannes, Berlín, Venecia, Toronto, San Sebastián, Sitges e Valladolid, o seu programa tamén contén unha interesante oferta que Losa cualifica de «rescates cinéfilos», nalgún caso inéditos en España: a versión íntegra de 210 minutos do memorable Heaven's Gate (La puerta del cielo, Michael Cimino, 1980) e a pouco máis de media hora restaurada de Something's Got to Give (George Cukor, 1962), a comedia inacabada e póstuma de Marilyn Monroe. Tamén varias cult movies como Blind Terror (Terror ciego, Richard Fleischer, 1971) e Patty Hearts (Paul Schrader, 1988).

Engádase o Nosferatu (Murnau, 1922) con música en directo da Real Philarmonía de Galicia. Cineuropa consolídase como un modelo singular no panorama español, que ademais converte en espectadores privilexiados aos seus seguidores, «xa que moito do cine encaixado nestes días de novembro será invisible en moitas cidades españolas e galegas, en parte por razóns de mercado, pero tamén polas numerosas estreas exclusivas», conclúe Losa, anotando que poderán verse «os que son os grandes filmes do ano: Holy Motors (Leos Carax), Tabú (Miguel Gomes) e La noche de enfrente (Raoul Ruiz)».

Na sección oficial os autores brillan con luz propia, e polo Teatro Principal pasearanse, rutilantes, os nomes de Alan Resnais, os irmáns Taviani, Haneke, Paskaljevic, Oliveira, Terence Davies, Abel Ferrara e mesmo o gran Bernardo Bertolucci co seu feliz regreso as cámaras Io o te, polo de agora sen distribución española. O cine español estará con El muerto y ser feliz (Javier Rebollo), A puerta fría (Xavi Puebla) e Mapa (León Siminiani). O audiovisual galego con Arraianos (Eloi Enciso), Los increíbles (David Valero) e A cicatriz branca (Margarita Ledo), entre outros. Tamén haberá concertos, como o da tamén actriz Najwa Nimri, que ademais recibirá o Premio Cineuropa.


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-11-2012 20:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal