Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Iberia recortará 4.500 empregos, a cuarta parte da totalidade dos seus traballadores
International Airlines Group anunciou hoxe un plan de reestruturación “para salvar Iberia” que inclúe un recorte de traballadores cifrado nunhas 4.500 personas, una redución da capacidade nun 15% e a suspensión de rutas e frecuencias non rendibles, co obxectivo de mellorar os resultados en ó menos 600 millóns de euros para 2015 e acadar que a empresa volva a lograr beneficios, coma anunciou o grupo á “Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV)”.

O plan de transformación de Iberia inclúe cambios estruturales permanentes en todas as áreas do negocio, para que deixe de ter pérdidas e recupere a senda dos beneficios.

A empresa asegura que o recorte pode salvar ó redor de 15.500 postos de traballo: “Esta redución está en liña cos recortes de capacidade e o aumento da produtividade na aerolínea”.

A corto plazo o plan de transformación centrarase en deter as pérdidas e acadar que a rede sexa rendíbel. Neste sentido, suspenderanse as rutas e as frecuencias que rexistren pérdidas, á vez que se garante “unha alimentación eficiente dos voos de largo radio que sexan rendibles”.

“Este plan de reestruturación é crítico para Iberia e para o futuro de España. Unha Iberia forte, pode crear emprego e estimular o turismo, un sector clave para a recuperación económica en España”, advirte Willie Walsh, conselleiro delegado de IAG.
Fixouse o 31 de xaneiro como data límite para acadar un acordo cos sindicatos. A compañía asegura que se non se lograse dito acordo, serán necesarios “recortes maiores e unha maior redución do tamaño e das operacións de Iberia, para protexer o tráfico natural de longo radio en Madrid”. Un último intento para salvar ó capital á costa das persoas.


Alba Salgado Parente 2º A

Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2012 19:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal