Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A USC dálle o visto e prace a 46 programas de doutorado do catálogo 2013-2014
O Consello de Goberno da USC dá o visto bo ao novo catálogo de programas de doutorado 2013-2014, que pasa de 74 a 46 co obxectivo de garantir o cumprimento dos requisitos do Real Decreto de 2011 e adaptando esta oferta á realidade d e a universidade.

En declaracións a Europa Press, o reitor compostelano, Juan Casares Long, destacou o "magnífico" traballo realizado para racionalizar a oferta, que cobre "tódalas áreas de coñecemento" e permite que "tódolos graos" teñan unha continuación no doutorado.

Así mesmo, entre outros temas, aprobouse o plan de estudios de novos graos, como a trasformación do título propio de Criminoloxía. Unha proposta implantada dende hai 30 anos, "moi transcendental" para a USC, e que ten "muchísimo éxito".

Outro dos temas abordados é a aprobación de novos másteres e a modificación dalgúns que xa se están a impartir "baseándose nos tempos que corren". Unha situación da que estiveron "moi pendentes", sobre todo polos requisitos de alumnado, e confía en traballar para non vivir "a mesma situación de angustia" o ano que vén.

INFORME SOBRE OFERTA DE PRAZAS

Nunha segunda reunión, Casares Long informou dos resultados das reunións coa Xunta respecto á autorización de 8 das 33 prazas de profesorado contratado doutor da convocatoria publicada a finais de setembro pola Universidade de Santiago de Compostela, que actualmente se atopaba en suspensión preventiva, á espera da súa revisión por parte do executivo autonómico.

Neste sentido, Casares presentou un informe que motivou un "amplo debate", no que se mostraron "inquietudes" e "preocupacións", na medida da perda de autonomía real por normativas como o Real decreto de finais de decembro ou a lei de presupostos do Estado.

Así, quixo transmitir que as prazas que se convocan non se fan "por capricho, senón por necesidades", e sinalou a súa intención de ver como s e pode xuntar a vontade de que esas prazas "saian", como traballar "na legalidade desa normativa tan esixente".


Tania Airas
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2012 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal