Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O embigo humano é como unha selva tropical con 2.300 tipos de bacterias
Non fai falta ir ao Amazonas para descubrir un ecosistema descoñecido e rico en biodiversidade, basta levantarse a camiseta e estudar o embigo, cuxa vida parecer máis do que podemos imaxinar á dunha selva tropical. Un grupo de investigadores de sete universidades de EEUU cultivaron e analizaron 60 mostras tomadas de embigos humanos, nos que atoparon máis de 2.300 especies de bacterias, segundo publican na revista PlosOne.

Que a pel humana está habitada por billóns de microorganismos non é ningún descubrimento, pero ao analizar os datos os científicos atopáronse coa sorpresa de que as bacterias presentes en distintos embigos diferían máis do esperado. «Ao estudar os embigos vimos unha inquietante e inmensa riqueza de vida, o embigo medio hospedaba ao redor de 50 especies e entre distintos embigos atopamos miles de especies», escribe na revista Scientific American o biólogo da Universidade Estatal de Carolina do Norte (EEUU) Rob Dunn, quen liderou o estudo.

«Os embigos recordábanme a un bosque tropical», explica Dunn, pola correspondencia coa chamada «hipótese oligárquica» da ecoloxía.

Segundo a hipótese, nas selvas hai unha gran diversidade de especies de árbores, pero hai unha serie de especies, coñecidas como «oligarcas», que están presentes na maioría de bosques e son máis comúns alí.

O embigo tamén tería os seus «oligarcas», pois só oito bacterias estaban presentes en máis dun 70 % das mostras tomadas no estudo, e case a metade de todas as bacterias atopadas nas mostras son desas oito especies. Así, as bacterias máis frecuentes tenden a ser as máis abundantes, pero ningunha das máis de 2.300 especies atopouse en todos os embigos.

Os investigadores tamén destacan o achado, «por primeira vez na pel humana», de tres especies de arqueas, microorganismos que adoitan vivir en ambientes extremos como géiseres ou augas acedas; dous desas tres especies atopáronse no embigo dun home que asegurou non haberse bañado en «bastantes anos».

Conclúen que «segue sendo difícil predicir que especies de bacteria pódense atopar nun ser humano en particular, predicir que especies son máis frecuentes (ou raras) parece máis sinxelo, polo menos para aquelas especies que viven en embigos». O estudo forma parte do proxecto «Belly Button Biodiversity (BBB)» -Biodiversidade do embigo-, unha iniciativa da Universidade Estatal e Museo de Ciencias Naturais de Carolina do Norte (EEUU), que pretende explorar e dar a coñecer «a xungla microbiana» que todos levamos sobre a pel.

Estudan o embigo como exemplo da biodiversidade da pel porque a marca do nacemento é un refuxio máis seguro -máis illado e onde seguramente fregamos menos na ducha- para os microbios. Microbios que, como recordan desde o BBB, «na súa maioría non son malos». «O teu corpo alberga especies que ningún científico ha estudo, o teu embigo pode ser unha das últimas fronteiras biolóxicas», din na súa páxina web.


Noelia Fernández Paradela

2ºB Bach.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2012 14:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal