Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Unha militante do PP de Vigo pide "unha cura" para os homosexuais
Unha militante das Novas Xeracións de Vigo, Andrea Hermida, utilizou este venres a súa conta de Twitter para desexar que se atope "unha cura" para os homosexuais.

"Respectar aos homosexuais? Por suposto que o respecto. Non fan dano a ninguén, só a si mesmos. A ver se algún día descobren a cura", foron as súas palabras a través da rede de microblogging.

Ante a polémica que xerou, con numerosos comentarios críticos na mesma semana que o Tribunal Constitucional ha fallado a favor dos matrimonios entre persoas do mesmo sexo, decidiu pechar a súa conta na rede social.

Ante o ocorrido, un portavoz do PPdeG xulgou, en declaracións a Europa Press, que as manifestacións desta "afiliada de base" están "fóra de lugar" e que "non representan o sentir" da dirección do partido.

Pola súa banda, o presidente de NN.GG. de Vigo, Alejandro Pérez, deixou claro a Europa Press que Andrea Hermida non ten "ningún cargo orgánico nin público" e que, por iso, as súas palabras non se corresponden co sentir da organización, que defende "a liberdade absoluta de todos os cidadáns" calquera que sexa a súa "condición sexual".

APERTURA DE EXPEDIENTE

"Estamos en contra desas declaracións", sostivo, para avanzar a posibilidade de que se abra un expediente a Andrea Hermida. "Teremos que analizalo", subliñou.

En Twitter, ademais, NN.GG. de Vigo recalcou que a organización xuvenil do PP "non comparte ou autoriza ningunha declaración" que non salga de "esta conta oficial" ou "do seu presidente".

Xuventudes Socialistas pide ao PP "a inmediata expulsión"

O secretario de Organización de Xuventudes Socialistas de Vigo, Daniel Sueiro, reclamou este venres ao PP "a inmediata expulsión" da militante que pediu "unha cura" para a homosexualidade a través da súa conta de Twitter.

Despois de xulgar "intolerables" as palabras de Andrea Hermida, Sueiro expresou a súa "máxima repulsa" a través dun comunicado de prensa.

Nel urxe a expulsión "de inmediato e sen dilación" de "unha persoa cunha formulación tan intolerante e homófobo", por entender que "non é digna de estar en política".


Isabel Fernández
2ºBach-B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 10-11-2012 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal