Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

CATALUNYA NOVO ESTADO DE EUROPA?

O secretario xeral de CiU e líder de UDC, Josep Antoni Duran Lleida, asegura que "non hai unha gran maioría de cidadáns de Cataluña que desexen un escenario de independencia", xa que, dixo, "é malo para España non ter a Cataluña e é malo para Cataluña non ter a España".

En declaracións a Punto Radio, Duran insistiu en que Cataluña podería verse fóra da UE porque España vetaría a súa admisión: "é o que di a lei, é o que eu penso", engadiu o portavoz de CiU no Congreso, que pediu que cando fai este tipo de afirmacións "non se mate ao mensaxeiro".

En contraste coa opinión de moitos dirixentes de CiU, Duran opina que hoxe "non hai unha gran maioría de cidadáns de Cataluña que desexen" a independencia e mostrouse a favor de sentar "a falar en serio" tras as catalás do 25N para "buscar acordos que permitan a Cataluña ter un status propio" dentro de España, que satisfaga non só as demandas catalás de financiamento senón que tamén dea garantías á lingua e cultura catalás.

Ademais, avogou por celebrar un referendo legal para decidir o futuro de Cataluña: "Non ten sentido que nós convoquemos un referendo que non sexa legal", recalcou.

Tras as eleccións do 25N, haberá que "intentar un cambio de lexislación para permitir ese referendo" e, "se non chega ese pacto, creo que Cataluña non debe facer nada que non sexa legal", dixo Duran, que recoñeceu que a última reunión que mantivo con Artur Mas foi o 24 de setembro pola noite, xusto antes de que o presidente catalán anunciase eleccións anticipadas.

Neste contexto, e a través da súa carta aos militantes de Unió, Duran advertiu aos seus socios de Convergència Democràtica de que o seu partido antepón por encima de todo a súa "lealdade" a Cataluña, volveu a alertar de que unha hipotética independencia deixaría os cataláns fóra da UE e receitou "diálogo" tras o 25N.

Carlos Álvarez Ramos, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 02-11-2012 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Comprometido e oportuno. Seguimo#blgtk08#s blogueando. Keep on blogging.
Comentario por Mr. G-Force (03-11-2012 11:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal