Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Irrompe en Galicia o cuponeo
En Nova York, comprar unha entrada para un musical de Broadway polo 60 % do seu prezo é unha práctica habitual. A ningún neoiorquino sorpréndelle tampouco cear nun restaurante de primeiro nivel no SoHo ¡a metade de prezo!, ou relaxarse nun spa cun 70 % de desconto. O cuponeo é a tendencia comercial máis impactante e demandada polo público na Gran Mazá, e por iso metrópolis como Madrid ou Barcelona subiron xa ao carro desta moda imparable que irrompe agora en Galicia con forza e un proxecto sólido, da man da web de La Voz e o seu servizo Oferplan. Esta marca ten actualmente 16 portais en funcionamento en España, todos eles vinculados a cabeceiras de xornais.

Estados Unidos emitiu o ano pasado 3.500 millóns de cupóns de desconto cos que os seus residentes se aforraron case 3.000 millóns de euros. Non están os tempos en España como para renunciar a estas oportunidades, así que permanezan atentos ás primeiras ofertas, que empezarán a saír o vindeiro martes, 6 de novembro.

O funcionamento de Oferplan é sinxelo. Cada día irán aparecendo en La Voz de Galicia e na súa edición dixital diferentes oportunidades, referidas basicamente a tres grandes áreas: lecer e espectáculos, restauración e saúde e beleza. Os descontos serán contundentes, habitualmente entre o 50 e o 70 %.

Para beneficiarse, bastará con acceder a Oferplan (poderase entrar directamente desde a web de La Voz) e contratar o servizo desexado. Por exemplo, unha cea nun restaurante de primeiro nivel. O usuario recibirá unha bono no seu correo electrónico despois de pagar co seu cartón de crédito en Internet, e entregará ese bono no local de hostalería tras a velada.

A fortaleza actual da web é responsable do imparable éxito do cuponing, un sistema comercial que, en realidade, naceu hai xa máis dun século. Os primeiros cupóns de desconto apareceron en Estados Unidos en 1887. Con eles podíanse conseguir refrescos gratis de Coca-Cola, e enviábanse por correo ordinario para fomentar o consumo desa bebida.

Pero foron os xornais os que, coa chegada do século XX, deron un impulso exponencial a esta fórmula. A aparición de Internet devolve ese papel preponderante aos medios de comunicación, esta vez a través das súas páxinas web, e en Galicia é La Voz a que revalida unha vez máis o compromiso cos lectores, ofrecéndolles un produto de calidade.

A febre do cuponeo involucrou tamén aos empresarios, que viron nesta fórmula un xeito magnífico de conseguir tráfico para os seus locais e de dar a coñecer a un maior número de clientes os servizos que prestan. A súa asociación con La Voz a través de Oferplan activará as súas vendas e reportaralles visibilidade nun grupo de comunicación líder do mercado.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Páxina web Oferplan
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 02-11-2012 18:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Blogueando e c#blgtk08#uponeando ben.
Comentario por Mr. G-Force (03-11-2012 11:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal