Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

AS ÁRBORES CENTENARIAS DE OURENSE SERÁN EXAMINADAS PARA EVITAR PRAGAS

O departamento de conservación de parques e xardíns do Concello de Ourense iniciou unha campaña de preservación das árbores máis significativas ou emblemáticas, pola súa especie ou pola súa lonxevidade, situadas en zonas públicas para evitar que as enfermidades que se están a converter en pragas en moitas cidades, proliferen e acaben con este patrimonio natural.

A iniciativa da Concellería de Medio Ambiente, puxo en marcha un plan que comezou coa avaliación do estado actual dos exemplares centenarios máis significativos que están, na súa maior parte, situados no Xardín do Posío de Ourense. Para analizar a situación dos exemplares, os técnicos empregaron un tomógrafo que detecta as cavidades que se producen na árbore como consecuencia da actividade de insectos que provocan diversas enfermidades, desde crecemento de fungos a gretas ou danos nas raíces, que terminan con fracturas e diminución da elasticidade ou densidade. Este tipo de problemas, en moitos casos, son inapreciables ó primeiro ollar, pero fanse evidentes cando, por mor de temporais ou ventos fortes, a árbore cae. Ademais da perda ambiental, a localización destas árbores en espazos públicos supón un risco engadido para as persoas.

Un dos puntos de especial preocupación para o departamento municipal neste sentido está na zona do Campus Universitario das Lagoas. Alí estanse realizando estudos sobre a sesia apimorfis, este insecto crea galerías nas raíces das plantas que debilitan o pé da árbore, dando lugar á ruptura.

Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 02-11-2012 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Oportuno e comprometido a#blgtk08#rtigo. Pensamento verde.
Comentario por Mr. G-Force (03-11-2012 11:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal