Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Samaín
O Samaín, unha festa de tradición celta na que se honran os defuntos e que Galicia tenta recuperar nos últimos anos, ten dúas frontes abertas: por unha banda, resistir fronte á forte competencia do Halloween americano que todo o contamina; e pola outra, aspirar a ser unha alternativa ao tradicional Entroido autóctono. O día 31 á noite foi o momento de ver se logra algún deses dous obxectivos.
O que si é certo é que a oferta para gozar do Samaín multiplicouse nos últimos anos e foi xa visible en toda Galicia.

En Vigo, a asociación veciñal de Navia organizou un obradoiro de cabazas e un magosto popular na alameda Emilio Crespo; e o día 3 haberá un concurso de disfraces na asociación veciñal de Saiáns.
Ourense tampouco queda atrás. A praza de abastos convertiuse nun túnel do terror e a asociación Amencer ofrecerá na súa sede obradoiros de cabazas, maquillaxe e máscaras, ademais dun museo do Terror que abrirá a partir das 22.00 horas. Tamén o Concello organiza distintos actos.
Na Coruña, a Cruz Vermella de Ordes celebrou o Samaín con circuítos de terror para cativos de 6 a 12 anos, o día 3 na casa da cultura. Ademais, en Oleiros, houbo talleres de maquillaxe e animación para nenos.
Santiago optou polo Samaín Rock, que se levou a cabo na Zona C, onde actuaron Guerrera, Burgas Beat e Lendrone. A fin de festa trasladouse á sala Cachán, onde houbo un concurso de disfraces de rockeiros zombis, así como un obradoiro de maquillaxe. Alí actuou Pastillas Mamut a partir das 00.00 horas.


Sara Álvarez González
2ºA Bacharelato

Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 02-11-2012 15:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Alguén podería conectalo co acto escolar d#blgtk08#o 31. Se queredes fotos teño unhas cantas.
Comentario por Mr. G-Force (02-11-2012 16:23)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal