Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Falece en Zamora o escritor, filósofo e traductor Agustín García Calvo
O escritor, filósofo e tradutor zamorano Agustín García Calvo, tres veces Premio Nacional, de Ensaio en 1990, de Literatura Dramática en 1999 e de Tradución ao conxunto da súa obra en 2006, faleceu hoxe en Zamora, confirmaron a Efe fontes municipais e funerarias.

Á primeira hora da tarde o corpo de Agustín García Calvo será trasladado ao tanatorio da Soidade de Zamora, onde os cidadáns poderán velar o cadáver, ata que sexa conducido ao cemiterio de San Atilano para o seu enterro sen eucaristía previa, precisaron fontes da funeraria.

García Calvo, nacido en decembro de 1926, se doctoró en Filoloxía Clásica pola Universidade de Salamanca, onde exerceu como profesor de Latín, foi catedrático de instituto e obtivo tamén a cátedra de Filoloxía Latina na Universidade de Sevilla.

Foi un dos catedráticos perseguidos polo réxime franquista e debido ás revoltas estudantís de febreiro de 1965 foi apartado da cátedra.

O autor expuxo a súa teoría xeral da linguaxe nunha triloxía cos títulos »Da linguaxe« (1983), »Da construción (Da linguaxe II), ambos os libros editados na década do oitenta, e «Do aparello (Da linguaxe III)», en 1999.

García Calvo, centrado sobre todo na poesía, escribiu tamén teatro, novela e ensaio, xénero este último no que publicou títulos como «Lalia» (1973), «Que é o Estado?» (1977), «Contra o tempo» (1993) e «De Deus» (1996).

Artigos moi críticos balizaron tamén a súa traxectoria, en casos como «Contra a familia», «Contra a parella», «Contra a paz», «Contra a democracia» e «Que non, que non».

A súa actividade como tradutor abarcou textos de Shakespeare, ademais doutros en latín e grego, entre os que se atopa «Os carboeiros», de Aristófanes.


Elena Corral Fernández
2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 02-11-2012 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 O Olimpo o agarda. Ar#blgtk08#ts bless you and RIP.
Comentario por Mr. G-Force (02-11-2012 16:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal