Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Campesiñas denuncian ante o Parlamento o empobrecemento das súas granxas
Medio centenar de campesiñas galegas concentráronse esta mañá ante o Parlamento para denunciar o "empobrecemento xeneralizado" das explotacións gandeiras polos elevados custos de produción e a baixada de prezos dos seus produtos.

Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), convocante da protesta, explicou aos medios de comunicación que esta situación das granxas galegas está a provocar que "moitas mulleres estean deixando de cotizar porque non teñen diñeiro para facer fronte a todos" os gastos.

"Novamente, igual que nos anos 70, estásenos obrigando a decidir se pagamos a Seguridade Social, se enviamos a estudar aos nosos fillos ou se facemos fronte a outras prioridades", sostiveron Vilalba e María Ferreiro, nova responsable de organización de mulleres do SLG, quen dixo que o seu horizonte lles fai recordar "a beneficencia e pobreza do franquismo".

Cunha pancarta na que se podía ler "Campesiñas cultivando futuro, sementando igualdade", estas mulleres cantaron á súa terra "pola que sempre loitaremos" tras a lectura dunha declaración que culmina o IX Encontro da Secretaría de Mulleres do SLG.

Declararon que a débeda pública española é "ilexítima", porque "salvagardar os intereses do capital especulativo atenta contra os intereses e benestar dos pobos", e esixiron suprimir da Constitución devandita prioridade de pago. "Nós non debemos, nós non pagamos", clamaron.


Julián Rey Pérez - 2ºBACH - A




Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 28-10-2012 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 As denuncias que poñan en cuestionamento as v#blgtk08#ergoñas da nosa sociedade civil son benvidas.
Comentario por Mr. G-Force (28-10-2012 22:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal