Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A policía rexistra outro negocio de Ourense pola denuncia de Tous e incáutase de xoias
A operación policial aberta desde o pasado martes en relación coa presunta venda de artigos de imitación en numerosas xoierías do país, todas elas dunha mesma empresa cuxa sede principal está en Ourense, continuou onte na cidade das Burgas. Os axentes da Unidade Central de Delincuencia Especializada e Violenta efectuaron ao longo da mañá unha segundo rexistro nun establecemento de Xoia Deseño, situado nun centro comercial.

Segundo confirmaron fontes do caso, do mesmo xeito que xa fixeran o día anterior os investigadores, incautáronse no establecemento de varias xoias cuxa venda podería ser constitutiva dun delito contra a propiedade industrial, xa que imitan ás que deseña e comercializa a marca Tous.

Precisamente, foi unha denuncia presentada pola firma catalá a que iniciou, hai xa unha semana, esta operación que se desenvolve a escala nacional e que nas próximas horas continuará no sur de España. É así porque, ao parecer, as investigacións efectuadas en Ourense permitiron descubrir a existencia nunha cidade andaluza dun taller no que se estarían fabricando os modelos denunciados, que inclúen o coñecido boneco, aínda que con algunhas variacións. Segundo transcendeu, ata o momento os axentes incautáronse de ao redor de medio centenar de unidades por agora sospeitosas.

A pesar de que non se fixeron detencións en relación con este caso, que incluíu a visita dos axentes policiais ás 20 sedes de Xoia Deseño en diferentes cidades do territorio nacional, sempre coa intención de detectar a venda de modelos baixo sospeita, os donos do negocio tiveron que acudir o mércores á Comisaría de Policía de Ourense, para prestar declaración en relación coa denuncia. Daniel D.?R., de 49 anos, e Concepción M.?E., de 46, aseguraron que eles non fabrican os artigos de ouro, senón que unicamente se limitan á súa distribución. Despois de prestar testemuño puideron abandonar as instalacións policiais sen ter que pasar polo xulgado. Polo momento non se descarta que poida haber outros imputados no caso.

Sara Carroceda González, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-10-2012 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Non son habituais os acontecementos do apartado de suce#blgtk08#sos nos xornais pero alguén tiña que facer o primeiro.
Comentario por Mr.G-Force (28-10-2012 22:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal