Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Máis do 42% dos galegos estaría disposto a doar diñeiro á ciencia

Un 42,2% dos galegos estaría disposto a doar diñeiro para a ciencia. Estas é a conclusión á que chegou a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), que levou a cabo a denominada VIN Enquisa de Percepción Social da Ciencia e a Tecnoloxía en España, elaborada a través de máis de 7.700 entrevistas nas 17 comunidades autónomas, das que 456 realizáronse en Galicia.

Así, este estudo revela que o 88% da poboación galega é partidaria de aumentar ou manter o orzamento en ciencia e tecnoloxía nun contexto de recorte de gasto público. De feito, un 42,2% dos galegos afirma estar disposto a incorporar a ciencia nas súas doazóns desinteresadas, por encima da media estatal do 36,7%.

O interese pola ciencia e a tecnoloxía aumentou en Galicia un 76,5% con respecto aos datos de 2004, ao pasar do 6,4% ao 11,3%. Con todo, un 22,9% dos cidadáns aínda di estar pouco ou nada interesado por estes temas, aínda que a porcentaxe de interese aumenta nos menores de 35 anos. Así mesmo, é considerablemente maior entre os homes (14,7%) que entre as mulleres (8,3%).

¿INTERÉSANOS A CIENCIA?
Doutra banda, aqueles galegos que din estar pouco ou nada interesados pola ciencia e a tecnoloxía (22,9%) argumentan principalmente que non esperta o seu interese (23,1%) ou que non a entenden (20,3%). Isto débese en parte á deficitaria formación científico-tecnolóxica, xa que un 55,3% da poboación percibe a súa educación neste ámbito como baixa ou moi baixa, por encima da media estatal do 41,9%. Ademais, o déficit formativo percibido é "substancialmente maior" a partir dos 44 anos.

Ao ser preguntados pola profesión de investigador, os galegos consideran que ser científico compensa persoalmente (70%) e que é atractivo para os mozos (61,2%), pero tamén opinan que non ten un alto recoñecemento social (65,1%) e que é unha profesión que está mal remunerada (54,4%). Unha gran maioría asocia a ciencia cunha mellora da calidade de vida (92,1%), co desenvolvemento económico (91,1%) e con facer fronte a enfermidades e epidemias (94,3%).

En canto ao medio preferido dos galegos para informarse sobre ciencia e tecnoloxía, a televisión ocupa o primeiro lugar (43,8%), seguida de internet (32%), a prensa diaria de pago (9,1%) e a radio (3 %). Destaca, en comparación co conxunto de España, o maior uso da televisión para informarse.

Beatriz Molina, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2012 15:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Esta é unha das fendas, por veces intanxíbel, da nosa sociedade. Vivimos ás veces no escu#blgtk08#rantimos pre-ilustrado. Interésannos máis os xogos do azar que o avance da nanotecnoloxía
Comentario por Mr. G-Force (28-10-2012 22:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal