Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Lotes de vacinas inmobilizados por estar defectuosos

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios retirou lotes defectuosos da vacina contra a gripe. A medida é preventiva, pola aparición de partículas en suspensión nalgunhas partidas, que segundo a Xunta son inocuas. As vacinas, fabricadas pola compañía Novartis e que supoñen o 20 % das que se puxeron a disposición para a actual campaña contra a gripe en España. A medida, que tamén se levou a cabo noutros seis países europeos despois de que a alerta se declarase en Italia, adoptouse por precaución, xa que o problema detectado é máis un defecto de seguridade da inmunización que un problema de seguridade que poida supor un risco para a saúde. En Galicia, Sanidade iniciou onte a retirada dos lotes defectuosos.

A inmovilización da mercancía débese á presenza anómala de partículas flotantes brancas nas xiringas precargadas de moitos lotes de vacinas. A empresa Novartis asegura que non se trata de ningún risco sanitario, xa que a inmunización mantén a súa eficacia e seguridade.

Nesta liña tamén se pronunciou a Axencia Española de Medicamentos, que constatou que nas vacinas xa distribuídas «non se detectou un incremento de reaccións adversas» nas persoas ás que xa se lles inxectou o medicamento. Nesta tese abundou o Ministerio de Sanidade, que asegura que «é un problema de calidade, non de seguridade, que non implica ningún risco. A alerta sanitaria coincide co inicio da campaña antigripal en Galicia, aínda que fontes do SERGAS aseguran que non terá ningunha incidencia no normal desenvolvemento das vacinacións. «Continuará con total normalidade e non vai haber problemas ca distribución», afirman.
A Xunta só adquirirá unha das dúas vacinas de Novartis que foron inmobilizadas, que a partir de agora será substituída polas do outro fabricante que fornece a protección antigripal á Consellería de Sanidade. A orde xa se deu a todos os centros de vacinación de Galicia.


Alba Fernández Castro, 2ºA Bacharelato
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2012 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Todas as novas relacionadas coas Ciencias da Saúde son be#blgtk08#nvidas porque nos aleccionan sobre o noso corpo e mente.
Comentario por Mr. G-Force (28-10-2012 23:01)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal