Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Haberá versión americana de «O Apóstolo»
O Apóstolo está en plena campaña de lanzamento antes de chegar ás pantallas comerciais o vindeiro mércores. O filme, dirixido por Fernando Cortizo, é a primeira película realizada en Europa mediante stop-motion con produción estereoscópica e na súa repartición española conta con Luís Tosar, Carlos Branco, Manuel Manquiña, Jorge Sanz, Geraldine Chaplin e tamén unha das últimas intervencións de Paul Naschy antes de morrer.

Nunha rolda de prensa celebrada hoxe en Madrid, co director e a maior parte dos actores que puxeron a voz e deron os seus movementos aos bonecos, a produtora executiva Isabel Rei desvelou que a película foi premiada onte á noite no festival Expotoons de Bos Aires e distribuirase a Latinoamérica. foron, en total, tres anos de traballo de dezaoito equipos distintos (máis dun centenar de persoas), cada un dos cales ocupábase dun boneco de látex, que rodaron a razón de 24 fotos por segundo para lograr ese aspecto «de que respiran», asegurou Cortizo.

Noelia Fernández Paradela
2ºBACHARELATO-B
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2012 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Xa estades demorando para ir todos a vela.Xenuína mostra#blgtk08# do gran talento creativo que se agocha por todo Galiza.
Comentario por Mr. G-Force (28-10-2012 23:04)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal