Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O paro cae en 11.900 persoas no terceiro trimestre en Galicia, ata as 264.000

Soben un 8,89% os menores de 25 anos senemprego, pero baixan en 4.200 os fogares con todos os membros en paro.

O paro reduciuse en 11.900 persoas no terceiro trimestre en Galicia, en relación aos tres meses anteriores, e o total situouse en 264.000 desempregados, o que rebaixa a taxa ata o 20,12% nacomunidade, fronteao 21,07% do segundo trimestre do ano.

De acordocos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados este venres polo Instituto Nacional de Estatística (INE), o descenso rexistrado en Galicia, de 11.900 persoas, é o segundo máis acusado, en termos absolutos, tras o da Comunidade de Madrid (15.100 menos). En total, o desempregodescende en oito autonomías.

Esta baixada do número de desempregados en Galicia supón un descenso do 4,31% respecto ao segundo trimestre. Non obstante, na comparación interanual, o paro incrementouse en 37.500 persoas, un 16,53% máis.

Deste modo, a taxa de paro galega situouse no terceiro trimestre do ano 4,89 puntos por debaixo da media estatal, de acordocos datos do instituto estatístico.

En toda España, o paro subiu en 85.000 persoas no terceiro trimestre do ano, un 1,5% máis, situándose o número total de desempregados en 5.778.100 persoas, cifra inédita ata agora para a economía española. A taxa de paro escalouao peche de setembro ata o 25,02%, porcentaxe case catro décimas superior ao do trimestre anterior (24,63%).

Ademais, no terceiro trimestre, que coincide cos meses de verán, nos que tradicionalmente baixa o paro, había en Galicia 1.047.700 ocupados, o que bota unhataxa de actividade do 55,49% e supón un incremento de 14.000 persoas (un 1,35% máis) sobre o trimestre anterior. Non obstante, destruíronse 39.300 empregos respecto aoterceiro trimestre do ano pasado, o que representa un descenso do 3,62% no número de ocupados.

A taxa de paro é superior entre os homes (20,39%) que entre as mulleres (19,83%). O número de ocupados entre xullo e setembrofoi de 554.700 homes, mentres que eran 142.100 parados, cunhataxa de actividade do 61,75%. En cambio, entre as mulleres, o número de ocupadas é de 493.000, o de paradas de 121.900 e a taxa de ocupación sitúase no 49,76%.

A enquisamostratamén que a poboaciónmaior de 16 anos en Galicia se situou en 2.364.000 persoas, o que representa un descenso do 0,07% en relación ao trimestre anterior (1.700 persoas menos). En relación aoterceiro trimestre de 2011, a cifra descendeu en 12.600 persoas (un 0,53% menos).

En canto aos activos, eran 1.311.700, o que supón 2.100 persoas menos (0,16% menos). En relación a hai un ano, a caída é de 1.800 persoas (0,14% menos).

Por provincias, en A Coruña o número de parados situouse en 101.300, o que supón unhataxa do 17,9%; mentres que en Lugo hai 25.000 parados, cunhataxa do 16,11%; en Ourense son 29.100, cunhataxa do 21,42%; e en Pontevedra alcanzan os 108.600, e a taxachegaao 23,89%.

NOVOS E FOGARES


Ademais, en Galicia hai un 40.400 desempregadas con menos de 25 anos, o que bota unhataxa de paro do 46,4% nacomunidade. O número increméntase un 8,89% en relación ao trimestre anterior, no que había 37.100 desempregados por debaixo dos 25 anos.

Así mesmo, a información estatística indica que hai 79.500 fogares nos que todos os membros están en paro, o que supón un descenso de 4.200 respecto ao trimestre anterior.

DATOS ESTATAIS

A taxa de paro española alcanza o seu nivel máis alto da serie histórica comparable, que arranca en 2001. No terceiro trimestre de 2010 e 2009 o paro logrou reducirse, non así este ano, ondevolveu subir o desemprego, ao igual que aconteceu en 2008 e 2011, cando 217.200 e 144.700 persoas, respectivamente, quedaron senemprego.

Durante o terceiro trimestre destruíronse 96.900 postos de traballo (-0,56%), co que o número de ocupados alcanzou a cifra de 17.320.300 persoas, o seu nivel máisbaixodende o segundo trimestre de 2003.

Dos case 97.000 empregosdestruídos entre xullo e setembro, 49.400 pertencíanao sector público (-1,6%) e 47.600 ao privado (-0,3%). En comparación comesmo período do ano pasado, o paro incrementouse no terceiro trimestre en 799.700 desempregados, un 16,06%, mentres que o total de empregosdestruídos alcanza os 835.900 (-4,6%).


PEOR EVOLUCIÓN ENTRE AS MULLERES

O comportamento do empregonesteterceiro trimestre de 2012 é lixeiramentemellorao do ano 2011, a pesar da suba do paro e do volume de empregodestruído. Entre xullo e setembro do ano pasado perdéronse 146.800 empregos (agoradestruíronse 96.900) e o número de parados aumentou en 144.700 (agoraaumentou en 85.000).

O descenso da ocupación afectou en maior medida aos mulleres, con 68.700 empregos menos (-0,87%), mentres que entre os varóns se destruíron 28.200 postos de traballo (-0,3%). Polasúa banda, o paro impactou case en exclusiva ás mulleres, con 75.500 desempregadasmáis (+2,9%), fronte a un repunte dos homes en paro de 9.500 persoas (+0,3%).

Con estes datos, a taxa de paro masculina situouse no 24,68% e a feminina no 25,41%, cun incremento intertrimestraldunha décima no caso dos varóns e de sete décimas entre as mulleres.

Analizando os datos por nacionalidades, a destrución de empregorexistrada no terceiro trimestre afectou case por completo os españois, que reduciron a súa ocupación en 92.500 persoas (-0,61%), mentres que o emprego entre os estranxeiros se recortouneste trimestre en 4.400 ocupacións (-0,2%).



Jorge Vázquez Docarme 2º A



Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2012 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Moi bo artigo social, cun ch#blgtk08#isco de esperanza necesaria.
Comentario por Mr.G-Force (28-10-2012 23:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal