Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Eduardo Valiña: 'A ninguén lle importa a túa historia'
Unha reflexión sobre a identidade individual e a súa progresiva conversión nun 'pretexto para acadar determinadas fins'. Isto é o que propón o artista lucense Eduardo Valiña na exposición 'A ninguén lle importa a túa historia', comisariada polo fotógrafo José Paz e que hoxe se inaugura na sala Alterarte do Campus Universitario ás 12,00 horas.

Son catro vídeo-instalacións nas que o artista amosa a personaxes do mundo rural pronunciando a frase 'I don't understand you' ('Non te entendo'). Eduardo Valiña sostén que, na súa traxectoria, ten botado man da terminoloxía anglosaxona, pero coa clara intención de 'pervertir o discurso internacional' porque o que o artista ten por seguro é qu 'ó final o único que tes é o que es ti mesmo'. Estes catro vídeos irán acompañados por unha pequena peza en aceiro inoxidable que lle obrigará ó visitante a preguntarse como de preparado está para cambiar o seu propio futuro. 'A ninguén lle importa a túa historia' xorde da reflexión sobre a identidade e a relación co entorno rural e unha cultura concreta. Aínda que de visión agradable, 'é totalmente crítica', explica Valiña. Segundo relata, para el as historias 'máis interesantes son as que se perden', pero considera que caen no esquecemento porque 'nós deixamos' que o fagan. O título co que hoxe lle dá inicio á mostra vén motivado tamén porque, ó seu entender, 'non creo que teña cabida na institución arte'. Para Valiña, os grandes eventos 'son importantes', pero estes acaban por ter 'máis protagonismo que a propia obra', por iso el traballa coa esencia do efémero, sen 'pretensións por chegar a grandes escenarios'. 'A ninguén lle importa a túa historia' segue na liña dos traballos de Eduardo Valiña, para quen Galicia 'debería ter un pouco máis de conciencia' porque realmente 'non recoñecemos o que temos'.

Magdalena Sepa Vázquez 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 10-06-2012 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal