Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Compromiso por Galicia nace coa intención de ser unha forza política
A nova organización política Compromiso por Galicia, aínda en construción, xorde pola necesidade dunha formación que sexa "totalmente diferente" a PP, PSOE e BNG e "cen por cen galega", ante o descrédito e desconfianza dos cidadáns respecto á profesión política, segundo dixo este venres en Ourense o exsenador nacionalista Xosé Manuel Pérez Bouza.
Nun acto de presentación aos medios de comunicación, Pérez Bouza estivo acompañado por Xosé Carballido Presas e Rocío Sampaio, para dar a coñecer as liñas básicas da nova formación política que aspira a presentarse na próximas eleccións autonómicas de Galicia, aínda que "tal como queren en Madrid", se celebren finalmente en setembro, engadiu o exsenador.
Entre os principios de Compromiso con Galicia, tanto Pérez Bouza como Carballido e Sampaio, foron debullando as súas intencións e formulacións básicas, expostas tamén no "blog" da formación e abertas ao debate.
Entre outras, a súa intención é "romper o círculo vicioso" no que se atopa a sociedade "para defender que é posible outra política, con firmeza pero sen radicalismos estériles nin dogmatismos inútiles", destacou Pérez Bouza.
Pola súa banda, Carballido Presas deu "pinceladas", como o nacemento con "clara vocación de Goberno", pois non se trata, segundo dixo, de ser só unha voz crítica con outros, senón "unha forza transformadora" para exercer a política máis alá do voto cada catro anos e nun proceso participativo de diferentes formas.
A pretensión é ser a "casa común" de todos os que pensan en clave galleguista e nacionalista, segundo Carballido, ante a necesidade de aumentar as cotas de autogoberno de Galicia e de manter unha relación de igualdade nun Estado plurinacional e plurilingüe.
A nova formación política aglutina, polo momento, a colectivos como Máis Galiza, Acción Galega e Espazo Ecogaleguista, ademais de persoas a nivel particular, e no seu proceso de construción e consolidación esperan servir para a reunificación de colectivos e correntes que saíron do BNG tras a súa asemblea nacional ademais de outros que nunca antes estivesen en política.

Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-06-2012 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal