Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O 50% dos centros de Primaria e ESO sumáronse xa ao proxecto Abalar

O proxecto Abalar, para a integración das novas tecnoloxías no sistema educativo galego, continúa o seu proceso de implantación e alcanza xa ao 50 por cento dos centros que imparten Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O próximo curso será o terceiro desde o inicio da posta en marcha do citado proxecto, que no curso 2012-2013 implicará a máis de 44.000 alumnos de 535 centros escolares de toda Galicia. A partir do próximo mes de setembro 165 novos centros incorporaranse a esta iniciativa pioneira da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do total de 192 centros que solicitaron a súa incorporación. O titular de Cultura e Educación, Xesús Vázquez Abad, avanzou hoxe en rolda de prensa algúns dos datos do proxecto Abalar desde a súa posta en marcha, e destacou que chega ao seu terceiro ano de implantación "cos deberes feitos". Na súa comparecencia ante os medios o conselleiro estivo acompañado pola directora xeral da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, que incluíu Abalar na "estratexia" do Goberno autonómico para a implantación das novas tecnoloxías. Vázquez Abad subliñou, ademais, a gran acollida que espertou o proxecto na comunidade escolar e o interese dos centros por sumarse ás novas tecnoloxías a través deste procedemento.

Sara Álvarez González

Nº1 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-06-2012 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal