Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Trinta anos de ET
O drama do pequeno extraterrestre E.T., perdido á súa sorte na Terra e empeñado en telefonear á súa casa, conmoveu a millóns de espectadores fai agora xa trinta anos, un tempo no que o filme se consolidou como a mellor película de alieníxenas da historia do cinema.

E.T.: The Extra-Terrestrial, o seu título final en inglés, debutou en Estados Unidos o 11 xuño de 1982, poucos días despois de se presentar no Festival de Cannes, entre o aplauso da crítica e o público. A produción foi un éxito en taquilla e acaparou 9 nominacións para os Óscar, entre elas a mellor película e direción para Steven Spielberg, así coma guión, aínda que rematou por se impor en 4 categorías técnicas como a de mellor banda sonora pola inolvidable composición de John Williams. Final feliz para unha tenra longametraze que había fora concebido en inicio como unha cinta de terror a medio camiño entre «Signs» e «Poltergeist» e que fora bautizada como Night Skies.

Naquela primeira versión, o inocente E.T., lonxe de se esconder en armarios e fuxir da policía nun canasto de bicicleta, aterrorizaba a unha familia xunta un grupo de seres da súa mesma especie extraviados na Terra. O seu luminoso dedo, en troques de ter propiedades curativas, podía acabar coa vida de aquelo que tocaba. Spielberg descartou esa idea mentres rodaba Raiders of the Lost Arc (1981) e optou por darlle un ton máis amistoso ao encontro con seres doutra galaxia, un enfoque que xa tocara en Close Encounters of the Third Kind (1977).

O novo guión, que tivo por nome E.T. and Me, foi rexeitado polos estudos Columbia Pictures por considerar que non había un público para ese tipo de filmes, unha decisión que despois lamentarían tras ver o partido que lle sacou Universal Studios á película, que é a día de hoxe un dos seus títulos máis rentables y emblemáticos.

O American Film Institute, na súa listaxe das 100 mellores longametraxes feitas en Hollywood -que encabeza Citizen Kane-, sitúa a E.T.: The Extra-Terrestrial no posto 24, detrás de The Grapes of Warth e diante de cualquer outra película de encontros con alieníxenas.


Aida González
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 09-06-2012 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal