Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A subida das taxas universitarias será ´´mínima´´
Os reitores galegos e a Consellería de Educación levaron a Madrid unha proposta para que a subida das taxas universitarias do próximo curso fose mínima. Esa proposta era a de elaborar en cada comunidade o custo das titulacións, xa que Galicia ten uns prezos inferiores á media estatal, o que se traduce en que se o alumno ha de pagar entre o 15 e o 25 % do total -algo fixado por decreto- abonará menos na comunidade galega.

O ministro de Educación, José Ignacio Wert, deu o visto e prace a esta iniciativa e serán as comunidades as que apliquen as taxas en base ao custo das súas carreiras. Nun acto celebrado en Padrón, Jesús Vázquez asegurou que a súa proposta será polo tanto o incremento mínimo, ou incluso manter as taxas actuais «polo menos no que respecta á primera convocatoria».

O reitor de Santiago, Juan Casares Long, non foi tan optimista sobre a reunión con Wert, xa que asegura que haberá que fixar un prezo medio en Galicia, pero as titulacións non teñen o mesmo custo xa que dependen do número de catedráticos e doutros parámetros. Alertou ademais de que a subida dos másteres non profesionalizantes, aínda que se aplique a pinza mínima, será do 100 %.

O conselleiro indicou en Padrón que o vindeiro mércores se celebra unha conferencia xeral de política universitaria co ministro, na que se concretarán as medidas anunciadas o xoves, e o 14 de xuño intentará reunirse cos tres reitores galegos. Vázquez insistiu en que a situación ideal sempre foi para a Xunta que cada comunidade establecese as súas taxas universitarias en base aos seus orzamentos.

Sara Carroceda González, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-06-2012 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal