Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A ASOCIACIÓN DE TRADUTORES LEMBRA EN VIGO A VALENTÍN ARIAS
A Asociación de Tradutores de Galicia celebrou o pasado 8 de xuño en Vigo un acto de lembranza e homenaxe a Valentín Arias López, cofundador e directivo da asociación, falecido no ano 2011. O acto tivo lugar no edificio administrativo da Xunta en Vigo, e foi presentado pola mestra e escritora Rexina Vega. Ao longo do acto interviron Xosé María Gómez Clemente, Antía Cal, Avelino Pousa, Lois Arias Castaño, Xosé Manuel Beiras, Víctor F. Freixanes, Manuel Bragado, Camiño Noia e os integrantes de A Quenda, Mini e Mero. O acto comezou as oito do serán. Ademais de traducir innumerables textos ao galego, traballou na Fundación Penzol e foi xerente de Galaxia.

Por outra banda, o vindeiro 30 de xuño a plataforma cidadá ProLingua organizará unha homenaxe ó escritor Agustín Fernández Paz. O acto, que será conducido por Rosa Aneiros, terá lugar ás 12.30 horas no Centro Social Novacaixagalicia de Vigo (rúa Policarpo Sanz). A seguir haberá un xantar programado para 250 persoas a partir das 15 horas no Restaurante Carrís de Vigo.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 09-06-2012 14:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal