ENDLdivinapastora


Blog do ENDL do Colexio Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Regueira alerta do aumento do galego oral con fonoloxía castelá
«Xa hai un número non anecdótico de falantes urbanos que teñen o galego como lingua inicial e habitual e que teñen unha fonoloxía baseada no castelán, e non no galego». Isto dicía onte no se discurso de ingreso como numerario da Real Academia Galega Xosé Luís Regueira Fernández (Goiriz, Vilalba, 1958). Nunha brillante exposición que titulou Oralidades: reflexións sobre a lingua falada no século XXI, Regueira mesturou as citas de estudosos como McLuhan, Heidegger, Habermas ou académicos da RAG, xunto con apuntes moi próximos sobre «os entrecruzamentos entre literatura oral e escrita e entre lingua oral e escrita difíciles de desenlear: ¿canto hai de oral e canto de escrito nas cancións dos Heredeiros da Crus ou de Dios ke te Crew ou, se queremos, nas de Eminem?».

Diante da maioría dos académicos, de representantes da Xunta, das tres universidades e de diversos estamentos, o novo académico asegurou: «A lingua marca a nosa maneira de ver o mundo». Fixo tamén un percorrido polas culturas orais, o paso da oralidade á escrita e a revolución dos medios de comunicación, que dan lugar a «una nova oralidade» que chamou tribal «porque a palabra volve tribalizarse; casa unha princesa en Inglaterra, soan os tambores e enterámonos...», apuntou.

Regueira, que ingresou acompañado por Bernardino Graña e Henrique Monteagudo, explicou no acto: «O sentimento de responsabilidade que asumo no día de hoxe acrecéntase ao comprobar que veño ocupar a cadeira na que sentou nada menos que don Manuel Murguía, e que foi ocupada despois por José García Acuña, por Francisco Vales Villamarín e, ata hai pouco máis de dous anos, por Olga Gallego Domínguez», da que fixo unha loanza. No momento de recibir o diploma e a medalla Ferrín lembrou que esta foi «a que levou Murguía no seu peito».

Sara Álvarez González

nº1 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 03-06-2012 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal