ENDLdivinapastora


Blog do ENDL do Colexio Plurilingüe Divina Pastora de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A cultura agarda polas institucións
A cidade soña con convertirse en Capital Europea da Cultura en 2020, un proxecto que conta cun amplio consenso social, pero que agarda o impulso definitivo das institucións locais para crear unha comisión ourensá

Faltan detalles importantes e falta diálogo entre os axentes sociales e as institucións que, a priori, non teñen moi claro o seu papel. Son algúns dos puntos nos que se atopa a posible candidatura de Ourense como Capital Europea da Cultura para o ano 2020. No aire segue a constitución desa comisión ourensá que daría o impulso definitivo ao proxecto que espertou o interese de moitos axentes sociais, colectivos e institucións, na presentación da idea que tivo lugar o pasado 16 de maio en Ourense. O seu punto a favor -e de gran peso nestes intres- é que xa hai ambiente entre a cidadanía, algo imprescindible para que a proposta cobre vida, mentres que ninguén mostra unha postura contraria ao respecto. De feito, un dos criterios de avaliación do programa da candidatura de atoparse xa nunha fase avanzada de selección pasa por 'estimular a participación dos cidadáns que viven na cidade e os seus arredores', segundo recolle o Ministerio de Cultura. Se algo ten claro a entidade promotora da iniciativa, a Asociación Pro Centenario Nós 2020, é que neste mes de xuño se debería constituir ese órgano ourensán, para o que se fai imprescindible que tomen as rendas as institucións. Segundo explicou o presidente do colectivo, Camilo Fernández Valdehorras, 'é preciso que esa comisión se alonxe de cuestións partidistas e madure dende as propias institucións locais por razóns estrictamente normativas e porque falamos de impulsar Ourense'. Sen esquecer que 'é a sociedade civil a verdadeira protagonista', matizou Fernández. Sobre o papel das institucións locais, fontes municipais confirmaron que o Concello será un 'compañeiro de viaxe', que en todo caso respaldará a iniciativa e emprenderá accións para a súa puxanza. Asemade, as mesmas fontes confirmaron que 'o Concello non lidera a proposta'.

Por outra banda, a Deputación Provincial asegura atoparse 'á espera de novas xuntanzas cos colectivos involucrados'. Así, o presidente provincial, Manuel Baltar, asegurou na presentación do Plan Estratéxico que 'apoiamos a iniciativa' da que si que formarán parte. A cidade de Ourense aspira a converterse en Capital Europea da Cultura no ano no que se conmemorará o centenario da creación da Revista Nós, como xa o lograron outras cidades españolas, Madrid (1992), Santiago de Compostela (2000) e Salamanca (2002). O camiño non será sinxelo, porque ademáis de competir contra outras cidades o tempo é un factor a ter en conta, posto que a presentación de solicitudes no ámbito europeo hai que materializala seis anos antes da data de obtención do título, polo que Ourense non pode despistarse. As accións para este ano 2012, pasan tamén pola formación da comisión galega, froito da articulación dunha rede de cidades literarias, como son A Coruña, Santiago, Pontevedra e Ourense, onde se publicou a revista Nós. Tamén se inclúen Lugo, Ferrol e Vigo, pola súa significación no ambiente galeguista dos anos 20.

Magdalena Sepa 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 02-06-2012 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal