Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Arranca en Galicia SI Radio, a primeira emisora dixital de noticias durante as 24 horas do día
SI Radio Noticias 24 horas comezou a emitir en período de probas ás 10.00 horas do xoves 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas. Precisamente, con este motivo ás 12.00 horas emitiron a primeira entrevista do novo canal co presidente da Real Academia, Xosé Luis Méndez Ferrín.

O director da nova canle, Antón Xil, destacou o carácter pioneiro do proxecto "non só por ser a primeira emisora de radio 24 horas en Galicia e a primeira privada en España", senón polo uso das ferramentas "que van marcar a radiodifusión do futuro". "O noso servicio pon ao alcance de calquera usuario no mundo un total de catro canles de radio convencional, a través de Internet, de fácil acceso a través dunha aplicación deseñada íntegramente en Galicia e que se poderá escoitar en todo o planeta", sinalou Antón Xil.

Ademáis da canle de noticias 24 horas, a oferta deste novo medio complétase cunha canle de radio tradicional, SI Radio Basic; unha dedicada á mellor música galega, Sentido Galicia; e, por último, unha canle dedicada ás grandes músicas, especialmente ao pop, Music Essence.

Aida Gónzalez
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 29-05-2012 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal