Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Investigadores galegos e cataláns desenvolven un sistema para predicir mareas vermellas
Investigadores galegos e cataláns traballan no desenvolvemento dun sistema para predicir a proliferación de algas nocivas, popularmente coñecidas como mareas vermellas, que persegue reducir as perdas que estas producen en ata un 50 por cento por batea. Fontes do instituto galego sinalaron que o obxectivo principal do programa é crear un sistema para predicir as mareas con polo menos unha semana de antelación e permitir así á industria produtora anticiparse e atenuar as grandes perdas económicas que nos últimos anos afectaron á competitividade do sector pesqueiro. Neste sentido, o sistema está pensado para o mercado da produción acuícola mariña en xeral, prestando especial atención ao sector do mexillón. O programa piloto, que conta con financiamento do Ministerio de Economía e Competitividade a través da iniciativa Innpacto, levarase a cabo en dous escenarios reais: Atlántico-Rías galegas e Mediterráneo-Delta do Ebro. O consorcio Purga de mar combinará tecnoloxías punteiras e de última xeración nos ámbitos da monitorización remota, redes de sensores sen cables, sistemas GIS-Web e intelixencia artificial. Estas tecnoloxías permitirán ao produtor coñecer en profundidade o fenómeno das mareas vermellas, predicilo con polo menos unha semana de antelación e ter acceso remoto, en tempo real, vía Internet.

Sara Álvarez González 1ºA
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 27-05-2012 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal