Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Falece o intelectual Manuel Cordeiro aos 85 anos en Bos Aires
O pintor, debuxante, escritor, promotor cultural e activista político galego Manuel Cordeiro Monteagudo faleceu aos 85 anos de idade en Bos Aires, onde viviu durante 60 anos tras emigrar en 1952.
A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta expresou o seu pesar polo falecemento deste coruñés nacido en 1927 e trasladou á súa familia e achegado as súas condolencias "en nome da sociedade galega".
Tamén o secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, transmitiu as condolencias dos socialistas galegos á súa familia tras sinalar que é "unha grande perda para Galicia". "O seu labor e o seu exemplo de vida, comprometida e reivindicativa dende a cultura, é unha herdanza que debemos coidar", destacou.
Sobre a súa traxectoria vital, a través dun comunicado de prensa, constatou que "era o único supervivente en Arxentina dos organizadores do primeiro Congreso da Emigración Galega", celebrado en 1956; e recordou que "foi compañeiro e amigo" de figuras como Neira Vilas, Branco Amor, Luís Seoane, Laxeiro ou Maruxa Boga.
En canto ao seu "compromiso" con esta comunidade, apuntou que militou nas xuventudes galleguistas e que promoveu distintas organizacións seguindo para transmitir "a varias xeracións a fala, a cultura e a referencia identitaria de Galicia".
"Son galego e arxentino, porque eu son de Arxentina, que é o país onde vivo, pero nas miñas pinturas só podo mostrar o que levo dentro, o que non podo cambiar, iso é imposible e por iso non podo facer outra pintura que non sexa galega", citou Vázquez dunha entrevista mantida entre Cordeiro e a primeira delegada da Xunta en Bos Aires, María Xosé Porteiro, no espazo de arte 'O viaxeiro'

Noelia Gómez Nogueria, 1ºB bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 13-05-2012 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal