Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os mozos volven á rúa para recordar que seguen indignados
Os colectivos que xestaron o 15-M, maioritariamente os mozos, volverán hoxe ás rúas de decenas de cidades para conmemorar o seu aniversario e recordar que a súa "indignación" segue intacta e que teñen máis motivos para a protesta, debido aos axustes sociais do Goberno.
As manifestacións máis importantes están programadas para hoxe, pero os actos reivindicativos continuarán ao longo de toda a fin de semana e nalgúns lugares como Madrid se prolongarán ata o martes aproveitando a festividade local de San Isidro.

E para celebrar o aniversario, a maioría das organizacións sobre as que pivota o movemento elixiron as mesmas prazas, parques e espazos onde o ano pasado tiveron lugar as acampadas.

Os responsables dos diferentes corpos policiais insistiron durante os últimos días en dúas ideas: que as acampadas son ilegais e non se van a permitir; e no escrupuloso respecto ao dereito de reunión e de manifestación sempre que este se exerza dentro dos límites legais.

En Madrid programáronse catro marchas desde diferentes pobos e barrios que confluirán na capital ata chegar á Porta do Sol, epicentro das protestas dos "indignados" o pasado ano.

Entre as convocatorias para as decenas de actos que se van a rexistrar en toda España ao longo dos próximos días proliferan tamén as mensaxes dos activistas chamando aos participantes a evitar os actos violentos e os enfrontamentos coa policía para demostrar que o ánimo pacífico inspira este movemento.

Sara Álvarez González
1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 12-05-2012 16:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal