Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Xuventude Galicia Net conecta mil mozos na maior 'Lan Party' da comunidade
Xuventude Galicia Net -organizado pola Xunta- volve ofrecer unha potente rede á que xa están conectados mil mozos para compartir contidos de forma rápida e participar en torneos de videoxogos, e ten tamén obradoiros, actividades lúdicas, mesas redondas e conferencias con expertos "de primeiro nivel", todo isto aberto ao público en xeral. O primeiro relatorio foi o do profesor de política de empresa Leopoldo Abadía, e tras el interviu onte Enrique Dans (da IE Business School), o experto en estratexias innovadoras Javier Megías e o social media Rubén Bastón.

Sumando todo, trátase de ofrecer aos mozos "formación, posibilidades de aprender y de relacionarse con otros profesionales del sector e incluso empresas", explica Adrián Novegil, responsable técnico do evento. Con ese mesmo obxectivo, convocouse un concurso para proxectos innovadores con base nas novas tecnoloxías. É que son "uno de los grandes caballos de batalla en el mundo laboral", e, como destaca Anxo, un dos mozos do encontro, ofrecen unha das opcións "máis fáciles e baratas" para poñer en marcha un negocio.

O programa complétase con obradoiros que tratan desde o neuromárketing ata os xogóns que proban videoxogos, con ponencias sobre blogs -por exemplo- e coas actividades do que se chama a extranet, onde hai paintball, graffiti, esgrima, videoxogos ou talleres de maquillaxe. Ademais, e como novidade, o evento non pecha polas noites, que reserva para sesións de cine temáticas de libre acceso nas que os asistentes se poden caracterizar como personaxes dos filmes. Así, a madrugada de hai dous días foi de zombies, e esta pasada adicouse á Guerra das Galaxias.

Entre as actividades abertas e a intranet, os organizadores calculan que o evento superará nos tres días os 6.000 visitantes, "de todo tipo". De feito, trece anos despois da estrea, trátase de "ir abrindo o abano para que se poida achegar todo tipo de público", incluídos os pais, como salienta Yolanda Otero, subdirectora xeral de Promoción de Actividades de Xuventude.

Sara Álvarez González

1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2012 16:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal