Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O paro sobe un 0,3% en abril e alcanza as 277.644 persoas
O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) alcanzou as 277.644 persoas en Galicia, o que supón unha suba do 0,31% respecto ao mes anterior, ao sumarse 849 desempregados ás listas, de acordo cos datos publicados este venres polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
En toda España, o número de parados rexistrados se situou ao finalizar abril en 4,74 millóns de persoas, tras baixar no mes en 6.632 desempregados, cun descenso porcentual do 0,14% respecto a marzo. A caída do paro en abril rompe así con oito meses consecutivos de subas e débese, sobre todo, ao efecto da Semana Santa.
En Galicia, non obstante, as listas do paro aumentaron, ao igual que noutras seis comunidades (A Rioja, Canarias, Castilla-La Mancha, Castilla e León, Comunidade Valenciana e Madrid). De entre as que rexistran subidas, Galicia é a segunda cunha porcentaxe máis baixa. Nas outras dez autonomías as cifras de paro baixaron.
Respecto a abril do ano pasado, as oficinas de emprego da Comunidade galega rexistran 32.982 parados máis dados de alta, o que supón un aumento do 13,48%.
O desemprego crece nunha porcentaxe similar entre homes (un 0,32% máis respecto a marzo) e entre mulleres (un 0,3%), aínda que segue sendo maior a cifra absoluta feminina, que alcanza as 142.766 mulleres, que a masculina, que se sitúa en 134.878.
En canto aos menores de 25 anos, baixaron un 1,52%, ata as 22.990 en abril, dos que 12.762 son homes e 10.228 son mulleres.
Por sectores, o maior aumento porcentual corresponde á industria, na que o desemprego sobe un 0,79%, ata as 42.412 persoas; mentres que na construción aumenta un 0,69%, ata os 47.534 traballadores; na agricultura increméntase un 0,61%, ata as 7.456 persoas; nos servizos mantense case invariable, ao subir un 0,04%, ata as 151.068 persoas. Respecto ao colectivo sen emprego anterior, sitúase en 29.174 parados, un 0,24% máis.

Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2012 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal