Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía abrirá o 1 de xuño
O Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Muncyt), que inauguran este venres na Coruña los Príncipes de Asturias, abrirá as súas portas ao público o próximo 1 de xuño cunha colección integrada por 14.000 pezas. Antes, este sábado, día 5, haberá unha xornada de portas abertas e durante o mes de maio visitas para escolares.
En rolda de prensa, antes da inauguración oficial do museo, situado nun edificio construído pola Deputación Provincial da Coruña e cedido para o seu uso como museo nacional, o director do Muncyt, Ramón Núñez, subliñou que o obxectivo deste edificio museístico será "ser custodio do patrimonio de ciencia e tecnoloxía" e facer máis accesible "a ciencia" aos cidadáns.
Nunha comparecencia informativa na Sala Iberia, dedicada a presentar aspectos tecnolóxicos da aeronáutica e ao lado dunha das pezas do jumbo que en setembro de 1981 trasladou nas súas adegas, dende Nova York a Madrid, o Guernica de Picasso, Núñez recordou que o museo se creou por un Real Decreto hai 32 anos. Non obstante, foi, a partir de 1982, cando se "empezou a formar unha colección en Madrid", apostilou.


Noelia Gómez Nogueira, 1ºB bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2012 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal