Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os maios, máis creativos ca nunca
'Creatividade e paciencia' son dous dos ingredientes nos que incidiron as diferentes asociacións que participaron no concurso dos maios á hora de levar cabo as esculturas. Na categoría artística puideron observarse dende unha escena de caza de xabarís ate a ponte romana, unha tarta de aniversario ou varios cubos que chamaron a atención dos visitantes. Mentres, os maios máis tradicionais conservaron esa estructura piramidal tan característica.
A entrega de premios tivo lugar na Praza de Santa Eufemia.
A gañadora na modalidade 'maio artístico' foi a asociación de veciños de Rabo de Galo. No epígrafe de 'maio enxebre' a gañadora foi a asociación de veciños Santa Ana do Pino. Mentres o 'maio escolar' foi para o IES Otero Pedrayo. Por último, na categoría de coplas, os vencedores foron o grupo Ronda da Auriense que nos seus versos tratou temas como a a crise, os bancos, a cacería do Rei, o novo presidente da Diputación Provincial de Ourense, o parque de Montealegre, a emigración, o AVE, os gobernos alemán e francés e o paro.
A programación da festa dos maios completouse na cidade cun concerto da Banda Municipal na Praza Santa Eufemia, coa actuación do grupo de música tradicional Serandeiros, así como cun taller de confección de maios e unha exposición fotográfica.

Magdalena Sepa Vázquez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2012 14:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal