Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A FINAIS DE SÉCULO A GALIZA FICARÁ DESERTA
A crise demográfica que atenaza a Galicia e que, segundo as proxeccións dos organismos oficiais, podería abocar á comunidade a perder o 5 % da súa poboación na próxima década é o pano de fondo que onte rodeou a presentación do proxecto do primeiro plan de dinamización demográfica, un documento que agora deberá ser debatido polos grupos políticos do Parlamento e que, entre outras propostas, recolle a posibilidade de establecer incentivos fiscais e económicos para quen teñan dous ou máis fillos.

O proxecto recibiu onte o visto e prace do Consello da Xunta e hoxe será levado en persoa á Cámara autónoma pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, ao obxecto de que se poida tramitar na comisión especial que se creou hai un ano no Hórreo para abordar os problemas derivados do envellecemento da poboación galega.

O plan, que se marca un horizonte de actuación ata o ano 2020, fixa inicialmente 13 obxectivos estratéxicos medibles e abre o abano á posibilidade de establecer un total de 51 medidas concretas para revitalizar Galicia e intentar investir unha tendencia que pesa como unha laxa, debido a que o 22 % da poboación galega ten máis de 65 anos, á vez que os indicadores de natalidade, fecundidade ou idade media están claramente por baixo da media española e de toda a Unión Europea (UE). De feito, a comunidade galega é, xunto con Asturias e Castela e León, a que arroxa a taxa bruta de natalidade máis baixa do Estado, con 8,05 nacementos por cada 1.000 habitantes.

O plan autonómico pode ter un alcance moi limitado para corrixir esta tendencia e, en caso de ter incidencia, teríaa a medio e longo prazo. Así o deixou entrever onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao destacar que a tarefa que pode facer o Goberno para enfrontar esta situación «sería insuficiente». Agora ben, insistiu en que se nos damos por vencidos e nin sequera falamos do problema, aumentaría», palabras coas que tendeu a man aos grupos da oposición para intentar abordar este asunto desde o consenso político.

Incentivos fiscais
As medidas concretas do plan debullaraas hoxe a conselleira de Benestar, e entre elas figura o «reforzo de axudas económicas vencelladas ao nacemento e coidado dúas fillos». Estas axudas, sinalan fontes consultadas na Xunta, traduciríanse en incentivos económicos e fiscais, sempre no tramo autonómico, que ademais serían progresivos. é dicir que primarían máis a quen tivesen dous ou máis fillos que a quen tivesen un só.

Carlos Álvarez Ramos, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2012 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal