Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Reclaman unha zona de caravanas nas Termas
As autocaravanas están invadindo cada vez máis o aparcadoiro das termas de Outariz A súa acumulación reduce o espazo para os vehículos que acoden ás instalacións gratuítas e de pagamento da zona. Tamén é un mal menor para a xente deste tipo de turismo e que demandan ao Concello de Ourense a construción dunha área habilitada para o seu estacionamento. O obxectivo é contar cun espazo reservado en exclusiva para eles e que se atope próximo ás instalacións termais das ribeiras do río Miño. Segundo detalla a presidenta do colectivo de campistas ourensáns sería necesario dotalo dunha infraestrutura básica: «Tería que contar con luz, desaugadoiros e unha zona de duchas». A responsable deste club de campistas, que conta con 50 asociados en Ourense e forma parte dun colectivo a nivel galego, asegura que estarían dispostos a pagar unha taxa por estacionar neste espazo acondicionado.

A posta en marcha dunha zona de autocaravanas en Ourense serviría, segundo destacan desde o colectivo, de revulsivo para o turismo, xa que nos últimos anos este modelo de viaxe gañou adeptos de xeito exponencial. Na provincia de Ourense existen estes espazos nas poboacións da Rúa, Cartelle, Entrimo, O Barco e Parada do Sil.

Alba Fernández Castro, 1ºA Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 06-05-2012 13:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal