Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O xigante ourensán da costura tamén perde
Adolfo Domínguez rexistrou unhas perdas netas atribuídas de 9,26 millóns de euros no seu exercicio fiscal 2011-2012, pechado o pasado 29 de febreiro, o que supón duplicar os 'números vermellos' de 4,49 millóns de euros contabilizados o ano anterior, informou a compañía a Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
Os ingresos descenderon un 6,34%, ata 156,13 millóns de euros, nun exercicio no que as contas do grupo se viron condicionadas pola 'pronunciada deterioración da economía española, especialmente polo retroceso do consumo', segundo subliñou a compañía de moda.

O resultado bruto de explotación (Ebitda) situouse en 2,91 millóns de euros, un 73,5% inferior ao ano anterior. Pola súa banda, o resultado neto de explotación (Ebit) foi negativo en 10,76 millóns de euros, fronte ás perdas de explotación de 4,91 millóns de euros no exercicio fiscal anterior.

A 29 de febreiro, o grupo contaba con 721 tendas (253 no exterior), tras abrir durante o exercicio 112 establecementos, a maioría en mercados internacionais, e pechar 56 puntos de venda, 43 deles no mercado español.

ABRIRÁ 40 TENDAS NO EXTERIOR.

Adolfo Domínguez subliñou que, co obxectivo de regresar á senda de beneficios, continuará desenvolvendo un 'plan de impulso ao negocio' que se centra na expansión internacional, coa previsión de abrir 40 puntos de venda no exterior ao longo do exercicio en curso e co foco nos mercados de Latinoamérica, Asia e Oriente Medio.

Igualmente, o plan inclúe o desenvolvemento do negocio 'online' (www.adolfodominguez.com), que nos mercados español e portugués está a ofrecer uns 'resultados moi satisfactorios' e que a compañía prevé lanzar en novos países para que as vendas por esta canle vaian gañando maior proporción.

Magdalena Sepa Vázquez
Comentarios (0) - Categoría Actividade En Ourense - Publicado o 30-04-2012 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal