Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os Mestre Mateo reivindican a cultura por riba da crise e aúpan a 'Arrugas' e 'Doentes
A longametraxe de animación 'Arrugas' e a peza de ficción 'Doentes' foron os grandes triunfadores dos Premios Mestre Mateo 2012 ao alzarse con cinco galardóns cada unha nunha gala na que os participantes coincidiron ao reivindicar que, a pesar da crise, "a cultura importa".

Nun comunicado, a Academia Galega do Audiovisual detallou que, ademais destes recoñecementos, a serie 'Matalobos' levou catro premios, o documental 'Tras as luces' outros tres, cifra galardóns que tamén recaeu na película para televisión 'Condesa Rebelde'.

Estes recoñecementos, foron concedidos nunha gala repleta de discursos reivindicativos por parte dos organizadores, gañadores e polo propio guión de Ángel de la Cruz, interpretado por María Castro, a actriz encargada de presentar a gala á que asistiron máis de 900 persoas.

Segundo explicou a organización, un dos momentos cumio da celebración foi cando a presentadora se achegou ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e sentada nas pernas do presente da Academia, Antonio Mourelos, regalou ao político unhas tesoiras por se quería facer algún recorte máis.

PRINCIPAIS REIVINDICACIÓNS

A maioría dos galardoados coincidiron en solicitar ás institucións públicas que "sigan apoiando a produción propia", posto que, como indicaron, o "audiovisual é un sector estratéxico que xera moitos postos de traballo e sentido de país", explicou a institución cultural.

Neste sentido, Antonio Mourelos, sinalou que o audiovisual galego "está canso de ir de despacho en despacho" para dicir que é un sector "importante que dá traballo a moita xente". "Quen o ten que saber xa sábeo e se non fai nada é porque non quere ou non lle deixan", criticou.

Pola súa parte, Dolores Ben, premio de honra Fernando Rey deste ano, agradeceu o recoñecemento e destacou que "supón un estímulo" para seguir traballando".

"O audiovisual é un sector estratéxico, cheo de xente nova e con talento, que son o futuro", afirmou antes de considerar que se debe facer "unha política audiovisual clara e consensuada co sector para poder superar a situación actual".

Tania Airas
1ºB-Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Videos galegos - Publicado o 30-04-2012 20:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal